Impartido por: Illa Bufarda
Nivel: para nenos e nenas
Duración: 6 horas
Horario: de 11:00 a 14:00
N.º de prazas: 15
Cuota de inscrición: 20 €
Datas: 3 e 4 de outubro de 2015


QUERO FACER ESTE OBRADOIRO!!

DESCRICIÓN
Obradoiro de animación con plastilina coa técnica stop-motion. Aprenderemos a facer cine animado fotograma a fotograma.

PROGRAMA

Sábado 3 de outubro:

Presentación do grupo e explicación da actividade.
Achegamento á temática do obradoiro*. Facemos dous grupos e traballamos sobre a idea para crear unha animación. Cada grupo fai un pequeno story-board.
Introdución teórica á animación stop-motion con plastilina.
Construcción dos escenarios, das personaxes e de todos os elementos da escena.

Domingo 4 de outubro:

Animación, cada grupo anima o seu proxecto.
Gravación das voces en off e dos efectos sonoros.
Construcción dos créditos finais.

DOCENTE:
Sabela Iglesias e Adriana P. Villanueva, integrantes de Illa Bufarda, produtora creativa que realiza
creacións audiovisuais, animacións, deseño e fotografía dende 2012, así como formación nestas
áreas.
www.illabufarda.com
facebook.com/illabufarda
twitter.com/IllaBufarda

DESTINATARIOS
Rapazas e rapaces de 7 a 12 anos de idade.

MATERIAL INCLUÍDO NO OBRADOIRO
Todo o material está incluído no obradoiro: cámaras fotográficas, ordenadores, software, plastilina e demáis material funxible.

NECESIDADES
Non é preciso que o alumnado traia nada.


QUERO FACER ESTE OBRADOIRO!!