Impartido por: Marcelino de la Fuente e Toni Cobertera (Think deseño, comunicación & +)
Nivel: Medio
Duración: 16 h.
Horario: de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00
N. º de prazas: 20
Cota de inscrición: 90 €
Datas: 10 e 11 de outubro de 2015


QUERO FACER ESTE OBRADOIRO!!

DESCRICIÓN
O obradoiro consiste nun repaso do proceso de deseño e creación dos diferentes tipos de instalacións efémeras. Baseado na nosa experiencia, percorremos os pasos que requiren estes proxectos, os elementos, materiais e persoal que os integran, e as claves necesarias para o seu desenvolvemento. O curso formúlase como eminentemente práctico, con exemplos reais de diferentes solucións nos que o noso estudo xa traballou concretamente, e finalizando cun exercicio práctico no que se traballarán todos os aspectos que se viron no obradoiro.

PROGRAMA
1. PRESENTACIÓN
2. O PROCESO CREATIVO: RECOMPILACIÓN DE INFORMACIÓN, ESTUDO DO ESPAZO, DESEÑO
3. OS MATERIAIS: SOPORTES, IMPRESIÓN
4. OS OFICIOS (Electricidade, carpintaría, pintura, iluminación, metalistería…)
5. NOVOS MEDIOS (Proxección e os seus tipos, interactivos…)
6. PLANIFICACIÓN Y EXECUCIÓN (Timing, planing, coordinación…)
7. EJECICIO PRÁCTICO

DOCENTES:
Marcelino de la Fuente
Diplomado en Artes Plásticas e Deseño pola Escola de Artes de Oviedo e Técnico Superior en Serigrafía en 1993. Comeza de inmediato o seu desenvolvemento profesional no sector do Deseño. En xaneiro de 1998 trasládase a Madrid traballando con varios Estudos e Axencias de Publicidade. En 1999 comeza o seu traballo como Creativo Publicitario na Axencia de Publicidade Teaser/Gigia realizando traballos destacados para marcas coñecidas e Institucións Públicas, e obtendo nalgún dos casos premios e mencións polos seus resultados. Dende 2004 desenvolve a súa actividade como deseñador dende o seu propio estudo, e en 2008 funda Think deseño, comunicación & + xunto a Toni Cobertera.

Toni Cobertera
Diplomado en Artes Visuais e Comunicación en 1999, comeza a súa andaina profesional na axencia
de Publicidade Serrador&Asociados nese mesmo ano, como creativo publicitario. En xaneiro de 2001 incorpórase ao estudo da axencia Gigia Publicidad de Gijón como creativo e director de estudo e dende 2004 asume a dirección creativa da citada axencia ata o ano 2008, período durante o cal tamén recibe premios polas súas campañas publicitarias. No mencionado ano 2008 abandona a axencia para fundar con Marcelino de la Fuente Think deseño, comunicación & +.

DESTINATARIOS
Estudantes de deseño gráfico ou arquitectura de interiores, profesionais non familiarizados co medio ou que queiran coñecer proxectos específicos de arquitectura gráfica efémera.

MATERIAL INCLUÍDO NO OBRADOIRO
Documentación gráfica dos contidos impartidos no curso.

OS ASISTENTES DEBEN TRAER:
Portátil con programas de deseño (Illustrator e Photosop) de modelado 3D básico (Google Skectchup) ou similares.


QUERO FACER ESTE OBRADOIRO!!