Impartido por: Brinka3D + BCN Technologies
Nivel: Iniciación
Duración: 20-25 horas
Horario:
– Sesión 1 – Venres tarde (16-21h. aprox)
– Sesión 2 – Sábado mañá (9-14h. aprox)
– Sesión 3 – Sábado tarde (16-21h. aprox)
– Sesión 4 – Domingo mañá (9-14h. aprox)
– Sesión 5 – Domingo tarde (16-21h. aprox)
– Cada unha das sesión ten unha duración estimada de 4-5 horas con unha intensidade de traballo moderada. Os asistentes poderán ir ó seu ritmo polo que poden facer o descansos cando o precisen sen interrumpir os resto dos participantes no obradoiro.
N.º de prazas: 15
Cuota de inscrición: 1.198€ (curso+kit impresora) PÓDESE MERCAR UNHA MATRÍCULA PARA DOUS PARTICIPANTES, PREVIO AVISO.
Datas: 23,24,25 de Outubro de 2015
DESCRICIÓN
Obradoiro de ensamblaxe da impresora RepRap BCN3D+. Ao rematar o curso, o asistente terá unha impresora 3D completamente montada e controlando o seu manexo e mantemento. Durante o obradoiro tamén aprenderá a utilizar os distintos programas de software open source necesarios
PROGRAMA
– Sesión 1: Presentación. Montaxe da estrutura e dos eixos X e Y.
– Sesión 2: Cableado da máquina e colocación dos motores.
– Sesión 3: Montaxe do extrusor e dos elementos electrónicos.
– Sesión 4: Instalación e explicación do software.
– Sesión 5: Calibración e primeiras probas.
Os asistentes seguirán os titoriais de montaxe creados por BCN3D Technologies nos seus portátiles, os profesores irán observando e corrixindo os posibles erros. Cada manobra importante será supervisada directamente polos profesores que comprobarán o perfecto funcionamento da impresora 3D dos alumnos. Tamén se inclúe unha clase teórica para explicar o software e o fluxo de traballo na Impresión 3D.
DOCENTE: Brinka3D + BCN Technologies
Brinka3D é a distribuidora oficial das impresoras BCN3D+ en Galicia. Estas impresoras son desenvolvidas polo equipo da Fundación CIM, o centro tecnolóxico da Universidade Politécnica de Cataluña, dentro do proxecto BCN3D Technologies
Para o desenvolvemento deste obradoiro contaremos coa presenza de enxeñeiros do equipo BCN3D Technologies – RepRap BCN que nos asistirán o longo do obradoiro.
https://twitter.com/Brinka3D
https://www.facebook.com/pages/Brinka3D/1463615130577391
https://www.linkedin.com/company/5334691
http://www.bcn3dtechnologies.com/
DESTINATARIOS
Tódalas aquelas persoas maiores de 16 anos interesadas no mundo do 3D e as súas aplicacións no día a día, sen limitación na edade. Estudantes, profesionais da arquitectura e das enxeñarías, deseñadores de calquer escala, profesorado e afeccionados interesados na Impresión 3D e (preferentemente) con coñecementos previos de debuxo en 3D.
* Non son necesarios coñecementos específicos de electrónica ou informática.
* Non se realizarán ningún tipo de soldaduras, trátase dun proceso de ensamblaxe.
* Cada asistente o curso poderá levar un acompañante sen custo engadido.
MATERIAL INCLUÍDO NO OBRADOIRO
* O curso inclúe o kit de impresora BCN3D+ de xeito que o asistente terá unha impresora montada por el mesmo o rematar o curso.
* Este kit contén tódalas ferramentas necesarias para a sua montaxe e unha bobina de material PLA de 1 kg para realizar as primeiras impresións.
NECESIDADES
Os asistentes precisarán o seu propio portátil, o resto do material necesario está incluído no kit.