Impartido por: Joana Martins
Nivel: Iniciación
Duración: 16h
Horario: de 10h a 14h e de 16h a 20h
N.º de prazas: 15
Cuota de inscrición: 90 €
Datas: 12 (sábado) e 13 (domingo) de decembro de 2015
DATA LÍMITE DE INSCRICIÓN: 4 de decembro de 2015


QUERO FACER ESTE OBRADOIRO!!

DESCRICIÓN
Un achegamento práctico o calculo da pegada de carbono, unha ferramenta clave para loitar contra o cambio climatico, e que nos últimos anos adquiriu unha gran importancia no ambito empresarial e institucional.

PROGRAMA
Introdución
Concepto de pegada ecolóxica, pegada de carbono e relación coa análise de ciclo de vida.
A relación co ecodeseño e co etiquetado ecolóxico.

Ámbito de aplicación e Normativas: organizacións, servizos, productos.
Normativa de Pegada de Carbono de Producto (ISO TS 14067:2013; PAS 2050: 2011).
Normativa de Pegada de Carbono de Organización (ISO 14064-1; GHG Protocol).

Ferramentas e Metodoloxías de cálculo
Fontes de información para factores de emisión.
Guías para o cálculo da pegada de carbono.
Softwares de cálculo da pegada de carbono.

A comunicación da pegada de carbono
Elaboración de informes e criterios para a comunicación da pegada de carbono dun producto.
Mecanismos de redución e compensación (ISO 14064-2, PAS 2060).

Casos Prácticos

DOCENTE: Joana Martins
Profesional da enxeñaría con experiencia en consultoría e formación en materia ambiental. Traballando como freelance sobretodo nas áreas da contaminación atmosférica, calidade do aire e cambio climático; xestión medioambiental dentro das organizacións.
LinkedIn Joana

DESTINATARIOS
Estudantes, recen formados e profesionais do sector medioambiental de entidades publicas e privadas.

MATERIAL INCLUÍDO NO OBRADOIRO
Ao final do obradoiro, entregaremos os alumnos os materiais teóricos empregados na aula. 

NECESIDADES
Para participar no curso é recomendado que cada un dos alumnos traia o seu próprio ordenador e que teña software de calculo (do tipo Excel). Para as diferentes práticas empregaremos software libre e ferramentas gratuitas online.


QUERO FACER ESTE OBRADOIRO!!