Impartido por: Cristina Moreira
Nivel: Iniciación
Duración: 6
Horario: de 11h a 14h e de 17h a 20h
N.º de prazas: 12
Cuota de inscrición: 40 €
Datas: sábado 7 novembro de 2015
DATA LÍMITE DE INSCRICIÓN: 30 de outubro


QUERO FACER ESTE OBRADOIRO!!

DESCRICIÓN
Fórmulas para sair adiante ante un público. Buscaremos a forma de expresión natural de cada un e os recursos para poñer os nervios da nosa parte.
Curso dirixido a xente que queira romper os medos para falar en público a partir de saber rirse dun mesmo, a terapia do humor negro. Neste curso trabállanse as ferramentas básicas de comunicación actoral tanto corporais como vocais. O obxetivo do curso é realizar e interpretar un monólogo cómico propio no que se poñan en práctica as técnicas aprendidas e se utilicen a ferramentas básicas de comunicación en público.

PROGRAMA
1- Exercicios de expresión oral e xestual.
2- Crearemos unha fórmula cómica para a presentación persoal de cada un.
3- Como organizar unha exposición oral. Técnicas de preparación dun discurso.
4- Claves de comedia para deshinibirse ante un público.
5- Elaboración dun monólogo individual.
6- Interpretación. Expondremos a nosa propia charla ante os nosos compañeiros e iremos modificando sobre a marcha para mellorar as nosas formas de comunicación.

DOCENTE: CRISTINA MOREIRA
Formouse como actriz na Escola Municipal de Formación de Actrices e Actores de Narón, pero tamén se preparou en diferentes especialidades escénicas por toda la xeografía española con profesionais coma Jorge Coira, Marta Carrasco, Claudia Faci, Adolfo Simón, Virginia Imaz, Ana Vallés, Carles Montelui…
Estudiou na “Escola de Danza Contemporánea Padroado de Cultura” (Concello de Narón), coordinada por Cristina Montero y Rut Balbís.
Gañou tres concursos de comedia, dous como monologuista e co grupo “Tres de Trasancos” o certame “Os Humorosos” dentro del programa ­”Luar” (TVG).
Colaborou con Radifusión Galega durante dous anos e foi presentadora en galas e eventos.
También traballa nas compañías de teatro “3DTrans” e “Amargo Sueco”.­

DESTINATARIOS
Está destinado a xente tímida que queira aprender a enfrentarse a un público, cantantes, profesores, conferenciantes, abogados, etc.


QUERO FACER ESTE OBRADOIRO!!