Impartido por: Iñaki Quenerapú
Nivel: Iniciación
Duración: 16h
Horario: de 10h a 14h e de 16h a 20h
N.º de prazas: 15
Cuota de inscrición: 90 €
Datas: 21 (sábado) e 22 (domingo) de novembro de 2015
DESCRICIÓN
Descubre e aprende a utilizar unha chea de servizos web que che permiten publicar, vender, traballar ou promocionarte online sen ter que pagar nada ou andar aprendendo linguaxes de programación. Coma se non tes nin ordenador e tes que usar o da biblioteca pública.
PROGRAMA
– Publica xa calquera cousa (texto, imaxe, audio, vídeo, arquivo…) en Internet.
– Se tes algo que contar, pon a andar en poucos minutos o teu propio canal multimedia de comunicación.
– Edita imaxes, audios ou vídeos en calquera momento, a través de Internet e usando calquera dispositivo ainda que non sexa o teu.
– Monta unha tenda en Internet agora mesmo. Diferentes tipos de tenda, segundo o que queiras vender.
– Payment-In-Kind (PIK) ou «pagamento en especie». Ideas para cobrar doutra maneira (non só cartos, que tamén).
– Técnicas para lograr apoios (económicos, mediáticos e sociais) para o teu proxecto.
DOCENTE: Iñaki Quenerapú
Profesor de tecnoloxía para a educación. Deseña e constrúe sitios web desde 1996 (a Web tiña só 3 anos daquela). Desfruta ensinando e o fai con paixon, humor e entusiasmo.
http://linkedin.com/in/quenerapu
http://twitter.com/quenerapu
http://facebook.com/quenerapu
DESTINATARIOS
Este obradoiro está dirixido a xente con ganas de por en marcha proxectos aproveitando o potencial de Internet. Non se precisan coñecementos de programación nin coñecementos informáticos máis aló do nivel usuario medio. Usaremos algúns servizos web que só están en inglés, polo que convén ter un mínimo de coñecementos. Por certo: podes aprender inglés gratis en http://duolingo.com (por poñer un exemplo)
MATERIAL INCLUÍDO NO OBRADOIRO
Arquivos de vídeo co screencast do curso (captura en vídeo de todo o que se veu na pantalla do profesor + a súa voz). 16 horas de vídeo a modo de apuntes.
Arquivo comprimido contendo todo o material creado polo profesor durante o curso.
NECESIDADES
Se queres trae ordenador portátil ou móbil ou tableta. Ou ven sen nada diso, que non é imprescindible.