MERCADO DE AUTOEDICIÓN
CHARLAS
VIDEOREGUEIFAS,
COMBATE DE DEBUXANTES
OBRADOIROS
DJS
VERMÚ!
Neste nadal ademais de reflexionar “afueghote”, imos facer cousas molonas de pensar moito e pintar pouco, ou ao revés. O venres 18 e o sábado 19, no FunFunFun encontro de autoedición de Compostela.
Axiña máis novas e novidades sobre o FunFunFun 2015!!!
CONVOCATORIA PARA O MERCADO
Os vindeiros 18 e 19 de decembro imos celebrar o FUN FUN FUN a feira da autoedición en Compostela, será na Unitaria no Barrio de San Pedro.
Se queredes poñer un posto no que vender e amosar a os vosos fanzines, cómics, discos, láminas… tedes que enviar un email que conteña o seguinte:
1. Breve texto explicativo (5-10 liñas) da vosa proposta, contando quen sodes, que facedes, de onde sodes.
2. Cinco (5) imaxes relacionadas coa proposta que amosen as vosas publicacións ou traballos. (só do voso traballo).
3. Ligazóns ás vosas webs ou ciberespacios (si os tedes).
Escribide a eufunofunfunfun@gmail.com ata o martes 1 de decembro (as propostas que cheguen máis tarde das 23:59 do día 1 serán automáticamente rexeitadas).
e a ver se hai sorte e sitio!!
FUN FUN FUN!!
CONVOCATORIA “COMBATE DE DEBUXANTES”
O vindeiro 19 de decembro imos celebrar un combate de debuxantes no FUN FUN FUN a feira da autoedición en Compostela, será na Unitaria no Barrio de San Pedro.
Se queres participar envianos un email.
Escribide a eufunofunfunfun@gmail.com ata o martes 1 de decembro (as propostas que cheguen máis tarde das 23:59 do día 1 serán automáticamente rexeitadas).
CONVOCATORIA “NON VIN AQUÍ A FALAR DO MEU LIBRO”
O vindeiro 18 de decembro imos celebrar o FUN FUN FUN a feira da autoedición en Compostela, será na Unitaria no Barrio de San Pedro.
Haberá un espazo para facer presentacións rápidas. O formato é o de 20 imaxes e 20 segundos por imaxe. A tematica escollida para estas charlas é: As influencias de outros autores no traballo propio ou “Tedes que coñecer esta mandanga que me mola mil”.
Se queres participar neste “Non vin aquí a falar do meu libro”:
Envianos un email para que che reservemos o sitio.
Prepara 20 imaxes (valen videos ou sons pero respectando o límite de 20 seg) cun tamaño mínimo de 1280×720 px. Xa vos diremos onde subilas.
Escribide a eufunofunfunfun@gmail.com ata o martes 1 de decembro (as propostas que cheguen máis tarde das 23:59 do día 1 serán automáticamente rexeitadas).