7H é unha cooperativa de traballo asociado e sen ánimo de lucro vencellada ao ámbito das industrias culturais, creativas e artísticas de Galicia.
AIS “O Peto” é unha asociación sen ánimo de lucro que alenta e propón unha economía ao servizo da persoa, promovendo unha forma solidaria de aforro e de inversión ética a través de micro-créditos sen intereses a proxectos diversos.
A primeira naceu grazas ao apoio da segunda. En Unitaria compartirán o proceso e defenderán unha teima común: invertir nas persoas como proceso de cambio.