Impartido por: Enrique Otero Neira (Brinka3D)
Nivel: Iniciación
Duración: 12 horas
Horario: Sábado de 10h a 14h e de 16h a 19h e domingo de 10h a 15h
N.º de prazas: 15
Cuota de inscrición: 80 €
Datas: 23 e 24 de xaneiro 2016


QUERO FACER ESTE OBRADOIRO!!

DESCRICIÓN
O Sketch Up é o software de referencia para a introducción no modelado ou debuxo 3D pola súa facilidade de uso e a calidade dos resultados dende o primeiro minuto. Este programa emprégano dende grandes estudios de arquitectura e enxeñería ata escolas de secundaria, tendo nos afeccionados na Impresión 3D un importante grupo de usuarios.

PROGRAMA
– Sesión 1.- Introdución ao Sketch Up, a sua interface e axustes previos.
– Sesión 2.- Ferramentas básicas: barra Conxunto Grande de Ferramentas.
– Sesión 3.- Traballo con conxuntos: Capas, Grupos e Compoñentes.
– Sesión 4.- Debuxo en 3D (extrusión, revolución, etc.) e ferramentas da Caixa de Area.
– Sesión 5.- Opcións de Visualización, Sombras, Estilo.
– Sesión 6.- Creación de Materiais e Escenas.
– Sesión 7.- Importar / Exportar – Bibioteca de compoñentes.
– Sesión 8.- Extensións (plugins) para facilitar o fluxo de traballo.

DOCENTE: Enrique Otero Neira
Arquitecto, iniciou a súa carreira en Ámsterdam, en 2008 trasládase a Barcelona e traballa en varios proxectos de prestixio internacional. Sempre relacionado coas novas tecnoloxías, o deseño CAD/BIM e a Impresión 3D, en 2014 funda Brinka3D.

https://es.linkedin.com/pub/enrique-otero-neira/2a/972/197
info@brinka3d

https://www.facebook.com/pages/Brinka3D/1463615130577391
https://www.linkedin.com/company/5334691

DESTINATARIOS
Tódalas aquelas persoas interesadas no debuxo en 3D e as súas aplicacións tanto a nivel profesional (arquitectura e das enxeñarías, deseñadores de calquer escala, profesorado, etc.) como afeccionado, preferentemente sen coñecementos previos de modelado 3d.

MATERIAL INCLUÍDO NO OBRADOIRO
(facilitarase un dvd aos asistentes co programa e exemplos empregados ao longo do obradoiro)

NECESIDADES
Os asistentes precisarán o seu propio portátil onde instalarán software gratuito (válido tanto para windows como para mac)


QUERO FACER ESTE OBRADOIRO!!