Impartido por: Xanti Rodriguez
Nivel: Medio-Avanzado
Duración: 16h
Horario: de 10h a 14h e de 16h a 20h
N.º de prazas: 20
Cuota de inscrición: 130 €
Datas: 16 e 17 de xaneiro de 2015


QUERO FACER ESTE OBRADOIRO!!

DESCRICIÓN
Curso destinado a crear entornos e imaxes CGI, fotografía fusionada con 3D. Ámbito de publicidade e deseño.
CGI: Computer-Generated Imagery, término en inglés para «imaxes xeradas por computadora», aquelas imaxes, en xeral en dúas ou en tres dimensións, utilizadas en animaciones, efectos especiais de películas etc.

PROGRAMA

1ª XORNADA:
Personalización da interface para fluxo de traballo.
Uso librerías 3D.
Plugins Cinema 4D.
Conectividad con Photoshop.
Mapas HDRI para render de alta calidade.
Preparación escena de automoción.
Lentes fotográficas.
Uso da profundidade de campo real.
Exercicios 1ª xornada.

2ª XORNADA:
Preparación en Photoshop sesión CGI.
Bocetos previos.
Captura con modelo en plató.
Procesado e preparación de imaxe para inclusión en contorna CGI.
Creación de escenario virtual.
Uso de obxectos de librería 3D.
Exercicios 2ª xornada.
Render de alta calidade para fusión de 3D con fotografía.

DOCENTE: Xanti Rodriguez
Xanti Rodriguez (Azpeitia, Gipuzkoa) é o especialista en CGI e 3D máis representativo a nivel nacional.
Fotógrafo primeiro de nada, a súa vocación vénlle por tradición familiar: pai, nai, irmán…todos ligados á fotografía.
Cunha sólida formación en fotografía, retoque e postproducción, ilustración e aerografía, a súa incursión no ano 2004 no mundo do CGI e a súa intensa dedicación á interacción da fotografía e o 3D, fixeron del un dos máximos exponentes da nova tecnoloxía e toda unha referencia no sector.

XANTIRODRIGUEZ.COM

DESTINATARIOS
Todas aquelas persoas interesadas no CGI, Photoshop, fotografía, renders e fusión de todas estas técnicas.

NECESIDADES
Portatil, Softwares : Ciinema 4D y Photoshop


QUERO FACER ESTE OBRADOIRO!!