Impartido por: David López
Nivel: Iniciación
Duración: 12 horas
Horario: 30 de Abril de 10h a 14h e de 16h a 20h, 1 de Maio de 10h a 14 h
N.º de prazas: 20
Cuota de inscrición: 60 €
Datas: 30 de Abril e 1 de Maio de 2016
DESCRICIÓN
A través da experiencia de David López, mecánico con máis de 10 anos de experiencia no Mundial de Motociclismo, iremos introducíndonos nos secretos no mundo da competición. Partiremos de conceptos básicos do funcionamento dun equipo, dunha moto ata os procedementos rutinarios e imprevistos de cando estemos inmersos nunha competición.
PROGRAMA
1.-Funcionamento dun equipo de carreiras.
2.-A moto de carreiras.
3.-Procedementos en carreira.
4.-Diferencias entre a mecánica nas carreiras e nun taller.
5.-Quero ser mecánico/a de competición
DOCENTE: David López
Mecánico no Mundial de Motociclismo con máis de 10 anos de experiencia no mesmo. Actualmente mecánico de Xavier Simeon no equipo de Moto2 QMMF Racing Team Quatar
DESTINATARIOS
Obradoiro orientado ós procedementos nun equipo de competición, pensado especialmente para mecánicos/as de motos, estudantes de mecánica e afeccionados/as ao mundo da competición de motor
NECESIDADES
Papel e bolígrafo.