Un festival itinerante de curtametraxes que ten lugar de forma simultánea en distintos lugares do mundo. ¡A rede de curtametraxes máis importante chegou á Unitaria! Vas perdelo?

http://www.futureshorts.com/

* EXCURSIÓN
Dir. Adrian Sitaru, Rumanía 2014, 20mins, Comedia

Vendo que nas noticias da televisión anuncian o aterraxe de alieníxenas en Rumanía, Eugen (9) rouba unha cámara da tenda onde o seu pai traballa como garda, empeza a gravar o seu día a día e logo desaparece. Cando lle atopan, a metraxe do neno é malinterpretado polos medios de comunicación.

* GRACE BAIXO A AUGA
Dir. Anthony Lawrence, Australia 2014, 9mins, Animación

Lou está perdendo a guerra fría coa súa cabezona e enigmática hijastra Grace, cando un desafío inesperado xorde das profundidades dunha cálida e onírica tarde na piscina do barrio. Sombras do pasado vencen ao presente mentres Lou é obrigada a facer fronte á verdade sobre si mesma e á frustrante pícara á que está intentando querer. Grace baixo a auga é unha exploración elocuente sobre o medo e o pracer, o alonxamento e a proximidade que só unha familia pode entender.

*A GRAN MONTAÑA DO NORTE
Dir. Amanda Kernell, Suecia 2014, 15 mins, Drama

A Elle, 78, non lle gusta o pobo Sami, aínda que a súa lingua materna sexa o Sami e criouse nas montañas de Laponia. Agora, ela reivindica que é completamente sueca e do Sur. Baixo a presión do seu fillo, regresa de mala gana ao Norte, ao funeral da súa irmá. Cando estaban a piques de irse, comprende que o seu fillo planea quedarse a pasar a noite cos seus familiares. Rexeitando facelo, Elle rexístrase no Grand Hotel local con todos os turistas.

*LIGHTS DE HURTS
Dir. Dawn Shadforth, Reino Unido 2015, 7mins, Videoclip

Unha odisea de discoteca onde a química explota de forma aboslutamente creíble entre dous estraños, o home, interpretado por Theo Hutchcraft (definitivamente fose do seu usual modo de tipo frío), e a moza loitadora. E isto é só para principiantes.

* O DÍA DO CIDADÁN
Dir. Basile Doganis, Francia 2014, 20mins, Comedia dramática

Un grupo de adolescentes dun barrio de Parides ten que asistir ao seu Día do Cidadán na base militar de Versalles, pero uno deles, Chris, non é aceptado por chegar demasiado tarde. Chris quere volver dereito a casa, pero Momo, o “perdedor” do barrio, convéncelle para pasar o día con el no Palacio de Versalles.

*TODOS OS TEUS PROGRAMAS FAVORITOS
Dir. Danny Madden, Estados Unidos 2014, 5mins, Técnicas mixtas

Todo o que queiras ver na palma da túa man. Tola conveniencia. Tolo.

*CUALIFÍCAME
Dir. Fyzal Boulifa, Reino Unido 2014, 17mins, Comedia

O que comeza como un resumo de reseñas online dunha prostituta adolescente convértese nunha reportaxe provocativa e formalmente atrevida sobre a fluidez das identidades e percepcións das mulleres novas na éra de Internet. En realidade, o único que é certo é que toda esa xente que di coñecer a Coco, non saiban absolutamente nada.