Impartido por: Los Bravú (Dea Gómez & Diego Omil)
Nivel: Medio
Duración: 12 horas
Horario: Sábado de 10h a 14h e de 16h a 20h / Domingo de 10h a 14h
N.º de prazas: 15
Cuota de inscrición: 80€
Datas: 2 e 3 de abril de 2016
DESCRICIÓN
Este obradoiro de Banda Deseñada ten como obxectivo adquirir coñecementos teórico-prácticos que nos permitan crear e expresar as nosas ideas a través do cómic.
O longo da fin de semana estimularemos a creatividade, levaremos á práctica o que vaiámos aprendendo e remataremos imprimindo o noso propio fanzine.
PROGRAMA
A partir de exemplos, analizaremos cales son os elementos propios da Banda Deseñada como medio artístico.
Percorrido polas principais técnicas, estilos e formatos do cómic contemporáneo.
Introducción a narración gráfica e o proceso creativo dunha historia a través de exercicios prácticos.
Planificación dun cómic partindo dunha premisa sinxela.
Deseño de personaxes.
Composición da secuencia en viñetas.
Realización do noso proxecto.
Finalización e posta en común do noso cómic.
DOCENTES: Los Bravú
Los Bravú son unha parella artística formada por Dea Gómez e Diego Omil. O seu traballo multidisciplinar ten catro pilares fundamentais, pintura, escultura, textil e cómic. Sendo esta última disciplina onde mais recoñecemento reciben. Veñen de publicar dous títulos coa editorial Fulgencio Pimentel e de participar na antoloxía “Terry” xunto con importantes autores internacionais. No 2015 residiron na presitixiosa Maison des auteurs de Angouleme (Francia) e publicaron “La Furia” coa editorial catalana APA-APA.
www.losbravu.com
losbravu@gmail.com
DESTINATARIOS
Este obradoiro está dirixido a persoas familiarizadas co debuxo e a escritura que aspire a dominar os mecanismos narrativos da Banda Deseñada.
NECESIDADES
Material de debuxo: Cuaderno, lápis, plumillas, acuarelas…