Catro cineastas compiten para que o guión da súa película poida producirse. Os espectadores serán os peces gordos de Hollywood que decidirán a sorte de cada unha das pelis. Só unha chegará ata as carterleiras: catro historias, catro directores, catro estilos diferentes. TheMomento Impro presenta o seu espectáculo máis cinematográfico, film de autor en estado puro.

Director´s cut é un espectáculo de improvisación, no que as historias se van creando en directo coa axuda da participación do público. Con Antón Coucheiro, Akira Valero, Sandra Varela e Arturo Cobas.