Impartido por: Yago García

Nivel: medio

Duración: 16 horas.

Horario: de 10h a 14h e de 16h a 20h

N.º de prazas: 15

Cuota de inscrición: 95 €

Datas: 23 e 24 de abril de 2016


QUERO FACER ESTE OBRADOIRO!

DESCRICIÓN
Curso intensivo no que se explica como crear ilustracións dixitais ca axuda do Adobe Photoshop. Partindo dun debuxo feito a man aplicaremos cor segundo dous métodos ben diferenciados: o Cel Shading e a Pincelada Directa.

PROGRAMA
INTRODUCCIÓN
– Primeiros pasos nun mundo aberto.

– Área de traballo

– Ferramentas principais.

PREPARACIÓN DO DEBUXO
– Do cerebro ó papel e do papel á pantalla.

– Thumbnails e bosquexos.

- Escaneado e limpado das imaxes.

- Color base.
– Aplicación de bloques de cor.

– Cel shading – Unha técnica sinxela e uns resultados sorprendentes.

- Liñas de color.

– Flats.

– Pintando ca luz.

– A maxia dos modos de capa.

– Aplicación de cor directo
– Ponte a altura dos artistas clásicos.

– Esculpindo a imaxe.
– Luces, sombras e contrastes.

– Tons, gamas e ambientes.

- O poder das texturas.

PINCEIS
– A arma máis versátil.

– Modificar pinceis básicos.

– Creación de pinceis todoterreno.

- Diferentes usos dos pinceis.

CREACIÓN DE FONDOS
– Da realidade á ficción máis espectacular.

– Referencias fotográficas.

– A importancia do aerógrafo.

– Combinación de texturas.

– Controladores de cor.

-Tódalas áreas de traballo contarán con exercicios prácticos cos que o alumno asimilará a perfección os contidos da parte teórica.-


DOCENTE: Yago García Rodríguez
Traballa como ilustrador freelance dende o ano 2006 para clientes interacionais relacionados co mundo da imaxe. Entre eles están editoriais como SM, Delcourt, Le Lombard ou empresas como Vodafone ou Estrella Galicia.
Os seus traballos de ilustración tocan tamén campos como o dos videoxogos, o audiovisual e o musical.

Facebook: www.facebook.com/YagoGarciaIlustrador
Tumblr: www.yaguete.tumblr.com
E-mail: yagogarciarodriguez@gmail.com

DESTINATARIOS
Toda persoa con inquedanzas artísticas que quere dar o salto ao debuxo e coloreado dixital ou que querer aprender técnicas de coloreado profesionais para acadar resultados impoñentes nos seus traballos.

MATERIAL INCLUÍDO NO OBRADOIRO
Pack de pinceis personalizados, stock de imaxes de referencia e lotes de texturas.

NECESIDADES
Portátil, tableta gráfica e Adobe Photoshop (preferiblemente CS ou superior).


QUERO FACER ESTE OBRADOIRO!