Impartido por: CETA Systems
Nivel: Iniciación
Duración: 4h
Horario: de 10h a 14h
N.º de prazas: 10
Cuota de inscrición: 30 €
Data: 9 de abril de 2016


QUERO FACER ESTE OBRADOIRO!!

DESCRICIÓN
CETA Systems propón xogar cos efectos holográficos dunha maneira sinxela e asequible para
todos. No obradoiro amosaremos como é posible convertir o móbil ou tablet nun proxector holográfico e ensinaremos aos asistentes a crear as súas propias holografías.

PROGRAMA
Introducción á holografía.
Contaremos a historia da holografía e os efectos holográficos desde os seus comezos no s.XIX. Explicaremos os principios físicos que a permiten introducindo nocións básicas do comportamento da luz con exemplos claros e divertidos.
A holografía no mundo audiovisual.
Os participantes aprenderán a distinguir, a través de películas coñecidas por todos, qué efectos corresponden a ciencia ficción e qué efectos serían posibles coa tecnoloxía actual, así como os pasos que está dando a ciencia para melloralos.
Holografía e efectos holográficos. Usos e aplicacións. 
Mostraranse aplicacións actuais da holografía e os efectos holográficos.
Cómo facer un proxector holográfico.
Os participantes aprenderán a crear un proxector holográfico sinxelo e xogarán con videos preparados para utilizalo.
Cómo crear as túas propias holografías: creación dunha proyección holográfica de cada un dos asistentes .
Cada un dos asistentes aprenderá a preparar os seus propios videos holográficos a través da creación dun holograma de sí mesmos.

DOCENTES: Jenaro Castro e Xurxo Guitián
Jenaro é Enxeñeiro informático, Responsable Técnico de CETA Systems e Responsable da Área de Informática do Aeroporto de Lavacolla. Ademais é Consultor, Investigador, Analista Sistemas e Arquitecto de Sistemas de Información.
Xurxo Guitián é o Responsable de Contidos de CETA Systems. Con formación en Física e Socioloxía, desenvolveu case toda a súa carreira profesional no departamento de publicidade de La Voz de Galicia. Administrador dos CMS para a xestión de contidos dixitais nas webs do Grupo Voz e adaptación de formatos de vídeo para a súa reproducción en múltiples plataformas, navegadores e sistemas operativos

DESTINATARIOS
Todos os públicos a partir de 10 anos.

MATERIAL INCLUÍDO NO OBRADOIRO
Plantillas e materiais, croma, cámara, láser, panel holográfico e miniproxector.

NECESIDADES
Os participantes deben levar un ordenador portátil e, ademais, unha tablet ou smartphone e unhas texouras.


QUERO FACER ESTE OBRADOIRO!!