Impartido por: Jorge Peral
Nivel: Iniciación/Medio
Duración: 12 horas (8 o sábado e 4 o domingo)
Horario: Sábado de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00; e domingo de 10:00 a 14:00.
N.º de prazas: 15
Cuota de inscrición: 80€
Datas: 16 e 17 de abril de 2016
DESCRICIÓN
Neste curso aprenderemos as función básicas dun artista 2D nun pequeno estudio de videoxogos. Falaremos do concept art e da dirección de arte e faremos as nosas propias animacións. Tamén aprenderemos a utilizar Pyxel Edit, un programa especializado na creación de gráficos en pixel art. Se queres aprender os segredos que desentraña a creación de arte para videoxogos, este é o teu curso.
*NOTA: Este curso trata exclusivamente de arte 2D non falaremos de programación nin de deseño de mecánicas.
PROGRAMA
1. SÁBADO POLA MAÑÁ
-Presentación.
-O rol do artista 2D nun estudio: funcións básicas, por qué é importante?
-O concept art e a súa importancia.
-Práctica: Creando o concept art dun videoxogo inventado.
-A dirección de arte.
-Tipos de videoxogos e o seu impacto no rol do artista.
-O Sprite.
-A técnica do PIXEL ART (Photoshop)
-Práctica: Creación de sprites en Pixel.
2. SÁBADO POLA TARDE
-O Asset, o Tile e o Tileset.
-Os assets tileados.
-O Paralax tileado
-Aprendendo a utilizar Pyxel Edit
-Aprendendo a facer tilesets.
-Aprendendo a animar.
-A Animación tradicional.
-A Animación 2D por rigging (só a mencionaremos).
-Técnicas básicas de animación.
-O Idle.
-Práctica: Animando o idle dun personaxe inventado
3. DOMINGO POLA MAÑÁ
-O ciclo de andar: análise.
-Práctica: Facendo andar a un personaxe inventado
-Outras animacións: O salto, morte, disparo, ataque, etc.
-Práctica: Animando as accións dos nosos personaxes. (se da tempo)
-Efectos especiais: Lume, humo, raios láser, auga, etc.
-A iluminación (dentro e fóra do motor gráfico).
-A interfaz gráfica de usuario.
-O Fake ou Mockup
-Práctica: Crea o mockup para o teu xogo, poñendo atención na súa iluminación e creando a súa propia interfaz gráfica de usuario.
DOCENTE: Jorge Peral
Jorge Peral (1988) é un ilustrador e debuxante de comics de A Coruña. Co-fundador do colectivo Miñoco, Jorge é ilustrador freelance e colabora activamente na creación do fanzine Compota de Manatí. Paralelamente traballa como director de arte no estudio de videoxogos Gazpacho Games, que actualmente está traballando en dos videoxogos: Cain, un thriller en 1ª persona para PC con tecnoloxía Unreal Engine 4 e Nevada Suicidal Race, un título de carreiras con estética pixel art.
http://jorgeperal.tumblr.com
http://gazpachogames.com
@loktarius
DESTINATARIOS
Estudiantes, aficionados ou profesionais que queren aprender as principais claves para a creación de gráficos e arte 2D en videoxogos.
NECESIDADES
-Ordenador portátil con Adobe Photoshop instalado (de CS3 en adiante).
-Pyxel Edit (pódese baixar a versión trial, aínda que é recomendable ter o software; custa 9$)
-Material para tomar apuntes.
-Tableta gráfica de debuxo dixital (non é indispensable, pero sí recomendable).
-Material de debuxo (opcional; en caso de non ter tableta gráfica pode ser interesante para bosquexar).