CLAVES PARA DIGNIFICAR O TEU TRABALLO.
Fotógrafos, deseñadores, ilustradores, publicistas, animadores e moitas outras disciplinas gráficas viven actualmente baixo a sombra dun mesmo problema: Os baixos prezos que os clientes están dispostos a pagarlles polos seus servizos.
Dende unha amena perspectiva o Ilustrador Yago García, daranos as claves para facer novos clientes (e non inimigos) e conseguir venderlles o noso traballo a un prezo xusto.