Impartido por: Diego Vázquez Meizoso
Nivel: Iniciación
Duración: 12 h
Horario: Sábado de 10h a 14h e de 16h a 19h e Domingo de 10h a 15h
N.º de prazas: 15
Cuota de inscrición: 80 €
Datas: 28 e 29 maio de 2016
DESCRICIÓN
“Teño unha asignatura pendente co inglés…” Este curso está enfocado a adquirir unhas competencias básicas á hora de viaxar e desenvolverse durante as vacacións e situacións similares. Tamén, moi importante, daremos ferramentas para un estudo máis funcional e práctico da lingua inglesa en xeral.
PROGRAMA
– Introduction: How to learn practical English?(Como aprender ingles práctico?)
– Grammar & Sintax (Gramática e sintaxe)
Como construír as oracións afirmativas, negativas e interrogativas.
Uso dos auxiliares en inglés.
Como funcionan os verbos.
As “WH- questions”.
– Language skills (Habilidades lingüísticas) & tips for conversation (Estratexias de conversa)
– Basic vocabulary on travelling & tourism (Vocabulario básico para viaxar e facer turismo)
– Speaking situations. Exemplos:
At the airport (No aeroporto)
Trying to buy something ( De compras)
Hotel check-in & check out (Entrada e saída do hotel)
At a restaurant / bar / pub ( Nun restaurante / bar / pub)
Visiting museums and monuments (Visita a museos e monumentos)
How to rent a car (Como alugar un coche)
– Role play (xogo de roles)
– Algúns consellos prácticos e recursos online para aprender inglés práctico.
DOCENTE:
Diego Vázquez Meizoso estudou filoloxía inglesa na USC e leva 10 anos impartindo docencia de lingua inglesa, sobre todo enfocada ao uso práctico, en distintas consultorías de formación para empresas, asociacións, academias e centros culturais.
DESTINATARIOS
Persoas cun nivel de competencia básico en inglés que queiran aprender a desenvolverse en situación conversacionais reais e dende un punto de vista práctico.
NECESIDADES
O que necesites para tomar notas (caderno, tableta…)