Impartido por: Pablo García Ferradás.
Nivel: Medio.
Duración: 12h.
Horario: sábado de 10h a 14h e de 16h a 20h e domingo de 10h a 14h.
N.º de prazas: 15
Cuota de inscrición: 90 €
Datas: 21 e 22 de maio de 2016


QUERO FACER ESTE OBRADOIRO!!

DESCRICIÓN
Na actualidade son moitas as profesións que requiren un uso profesional da voz e na maioría dos casos  non se lle da a importancia xusta. É evidente que no exercicio de calquera profesión se require o dominio de habilidades e coñecementos específicos para desenvolvela de forma eficaz e óptima. O uso profesional da voz require coñecer a propia voz e desenvolvelas súas potencialidades en función dos obxectivos que se perseguen: transmitir información, asesorar, persuadir, dirixir, argumentar, convencer, etc.
Para o óptimo desempeño da voz profesional é necesaria unha formación vocal básica que garanta por unha banda o uso eficaz da voz e por outra que axude a previr patoloxías vocais que poidan lesionar a saúde do órgano vocal.

PROGRAMA (curso teórico-práctico)

A VOZ: bases anatomo-fisiolóxicas.
Anatomía da fonación:
– O aparato respiratorio.
– O órgano vocal vibrante.
– O sistema de resonancia.

VOZ, CORPO E COMUNICACIÓN: a voz como medio de expresión.
– A voz como medio de expresión.
– Contexto social/laboral e o uso da voz.

A VOZ PROFESIONAL
– Necesidades e esixencias vocais concretas.
– Estratexias comunicativas propias de cada profesión.
– Técnica vocal específica.

HIXIENE VOCAL NO PROFESIONAL DA VOZ
– Importancia da hixiene vocal no profesional.
– Pautas de coidado da voz específicas para o profesional da voz.

TÉCNICA VOCAL

Realizaranse exercicios prácticos de distinta índole para mellorar diferentes aspectos relativos ao noso corpo, a nosa voz e ao noso estilo comunicativo. Este traballo podemos resumilo nos seguintes puntos:

– Traballo corporal: considerando o noso corpo como unha unidade na que unhas partes inciden nas outras e por conseguinte directa ou indirectamente no noso aparato vocal, traballarase o corpo para favorecer a emisión vocal. Os aspectos a tratar son:

-Reorganización e control postural.
-Relaxación (muscular e emocional).
-Respiración.

-Traballo vocal: exercicios vocais ou vocalizacións onde se traballará a resonancia e impostación da voz, a extensión, a axilidade, a dicción e a articulación, a modulación, etc.

-Traballo práctico: a través da lectura de textos, a fala espontánea, recreación de diferentes situacións vocais-laborais, xogos vocais, etc.

DOCENTE: Pablo García Ferradás.

Diplomado en Educación Musical (Universidade de Vigo), conta con tres posgraos, de “Especialista en patoloxía da voz”, de “Experto en intervención logopédica” e de “Rehabilitación y perfeccionamento da voz profesional falada e cantada” (Universidade de Alcalá de Henares). Comeza a interesarse polo canto dende moi novo, participando en diferentes agrupacións corais, o que o levará máis tarde a estudar canto lírico con distintos mestres de talla nacional e internacional. Interesado polo fenómeno vocal en tódalas súas manifestacións e a súa investigación, posúe ampla formación en foniatría, logopedia, técnica vocal (fala e canto), etc., de feito conta co “Voice Craft”-Certificado de Still Voice Systems, innovador método de técnica vocal integral.
En canto a súa labor profesional lévaa a cabo tanto en Galicia como en distintos puntos da xeografía española, desenvolvendo competencias como profesor de técnica vocal e canto, formador en foniatría, terapeuta vocal e “vocal coach”. Colabora habitualmente coa FECOGA (Federación Coral Galega), co CFR (Xunta de Galicia) y o CIG-Ensino, impartindo cursos de educación vocal para docentes, con Hedima, o Instituto Avanza e P&A (consultoras de formación, Madrid), como formador en foniatría a nivel nacional, coa Universidade de Vigo e Santiago de Compostela impartindo diferentes cursos de Ortofonía e técnica vocal. Tamén se adica a formar vocalmente a profesionais da interpretación, colaborando con diferentes agrupacións teatrais (NNC Teatro, aula de teatro da USC, Talia Teatro, etc.) e como profesor de voz en cursos de dobraxe para PC Carrier (A Coruña). Como profesor de canto desenvolve a súa labor docente na escola de música “A Tempo” (Pontevedra) e na escola “Estudio”(Santiago de Compostela).

DESTINATARIOS
Dirixido a todas aquelas persoas que estean interesadas en aprender a utilizar a voz correctamente e mellorar as súas cualidades vocais, sexan ou non profesionais da voz.

MATERIAL INCLUÍDO NO OBRADOIRO
Dosier con material teórico e práctico.

NECESIDADES
Deberás acudir preferiblemente con roupa cómoda.


QUERO FACER ESTE OBRADOIRO!!