Impartido por: RGXela
Nivel: Iniciación
Duración: 12 horas
Horario: Sábado de 10h a 14h e de 16h a 20h e Domingo de 10h a 14h
N.º de prazas: 12
Cuota de inscrición: 80 €
Datas: 14 e 15 de Maio de 2016
DESCRICIÓN
Obradoiro de fotografía con smartphone, redes sociais e apps no que aprenderemos a sacarlle o máximo partido ás cámaras dos móviles. Iremos descubrindo e practicando a técnica fotográfica, compositiva, trucos de experto e a empregar as apps necesarias para practicar a smartphonografía.
PROGRAMA
1. A Smartphonografía como nova tendencia fotográfica
1.1. Entender o concepto de smartphonografía
1.2. Relación entre smartphonografía e fotografía
1.3. A imaxe compartida: smatphonografía e redes sociais. (Instagram, Snapseed e outras).
2. Aprendendo a fotografar co móvil.
2.1. Os dispositivos móviles e as súas características
2.2. Técnicas básicas de captura e composición a través do móvil
2.3. Apps de captura para mellorar as cámaras de serie dos teléfonos (Camera FV-5; Camera Zoom e Camera 360)
3. Edición, retoque e efectos
3.1. Apps de edición (VSCO, Aviary, Autodesk Pixlr e similares; tamén veremos apps para lograr retoques e efectos diferentes como Paper Camera ou Glitchr)
4. Temas e trucos. Aprendendo dos mellores perfís.
5. Práctica tutelada. Sairemos á rúa a facer prácticas a partir dun tema proposto polo grupo na aula.
DOCENTE: RGXela (Xela Rodríguez García)
Licenciada en Filoloxía Hispánica (USC, 2005), doutoranda especializada en estudos filmoliterarios (Diploma de Estudos Avanzados, USC, 2008); Técnica Superior en artes plásticas e deseño en fotografía artística (EASD Mestre Mateo, 2011).
Traballou como fotógrafa independente para diversos diarios galegos (Vieiros, Tempos Novos, Novas da Galicia) e a axencia de comunicación Vía Láctea. Fixo traballos de guión e realización de vídeos promocionais e traballou como operadora de cámara para o canal de streaming Itineris, cubrindo diversos eventos sempre de forma independente.
É docente de fotografía e imaxe audiovisual; realizando cursos para persoas desempregadas e para diversos colectivos e asociacións (cursos forga, obradoiro de curtas da asociación de dano cerebral Sarela, obradoiro de imaxe feminista para o Observatorio da Mariña pola Igualdade). E segue a ser fotógrafa independente.
Mail: rgxela@gmail.com
Facebook: @XelaRG
Twitter: @RGXela
Instagram: @RGXela
Web: rgxela.es
DESTINATARIOS
Para calquera que desexe iniciarse nesta nova tendencia da smartphonografía ou ampliar os coñecementos sobre fotografía móvil.
MATERIAL INCLUÍDO NO OBRADOIRO
Materiais escritos tanto para as aulas teóricas como para a realización da saída fotográfica.
NECESIDADES
Básicamente deberás levar un móvil con cámara ou outro dispositivo e roupa cómoda