AS ENTRADAS RECÓLLENSE NA UNITARIA, DENDE AS 20:00H
————–
Un festival itinerante de curtametraxes que ten lugar de forma simultánea en distintos lugares do mundo. ¡A rede de curtametraxes máis importante VOLVE á Unitaria! Vas perdelo?
http://www.futureshorts.com/
http://piovra.co/future-shorts/
AS 7 CURTAS DE ESTA EDICIÓN:
HOME SUITE HOME
Dir. Jeroen Houben
Ludwig é un inspector de hoteis xa maduro que viaxa ao redor do mundo quedándose cada noite nun hotel diferente. Unha noite en Parides atópase por accidente a unha muller inspectora máis jóven, Stella, e o que ocorre logo podería ser simplemente unha chamada de atención que levaba esperando toda a súa vida.
LEIDI
Dir. Simón Mesa Soto
Leidi vive coa súa nai e coa súa bebé. O seu noivo, Alexis, non aparece desde fai días. Fóra, un tipo dille que viu a Alexis con outra moza. Leidi non regresará a casa ata que atope ao pai do seu fillo.
SUNDAY LUNCH
Dir. Céline Devaux
É domingo. Durante a comida, James observa á súa familia. Fanlle preguntas, pero non escoitan as súas respostas; danlle consellos que eles non cumpren consigo mesmos. Acaríñanlle, golpéanlle, pero é normal, é unha comida de domingo.
PERFECTION IS FOREVER
Dir. Mara Trifu
Un Superman de Hollywood Boulevard reflexiona sobre o esforzo de manter o seu alter ego neste documental intimista, unha meditación serena da imaxe do corpo e o que conlleva aparentar sobrehumano.
RATIONALE – FAST LANE
Dir. Luke Monaghan
Este videoclip segue ao actor Jim Ortlieb no seu intento de manterse a flote entre os conflitos do día a día.
A HOLE IN MY HEART
Dir. Mees Peijnenburg
Ás veces ocorre que as cousas transforman todo en silencio. Ata o punto de que nada ten sentido. Coma se todo houbésese estancado.
EDMOND
Dir. Nina Gantz
Edmond aventúrase a unha viaxe en retrospectiva da súa vida, revisitando cada momento crucial co obxectivo de localizar a orixe dos seus desexos.