Impartido por: Nacho Muñoz aka madamme cell (IGMIG)
Nivel: iniciación
Duración: 12h
Horario: 10h a 14h e de 16h a 19h SÁBADO E 10:00 H A 15:00 H DOMINGO
N.º de prazas: 10
Datas: 11 e 12 de xuño 2016


QUERO FACER ESTE OBRADOIRO!!

DESCRICIÓN
O obxetivo de este taller é coñecer todos os procesos que se dan na creación de música electrónica, dende a grabación de mostras de son ata a súa posterior mistura en tempo real.

PROGRAMA
SAMPLING :: crea o teu propio arquivo de son
EDICIÓN :: experimenta cos teus sons e aprende os segredos básicos da edición
(compresión, equalización, efectos, masterizaxe)
REMIX:: Crea as túas propias bases, engade voz e instrumentos e prepara unha live session

DOCENTE
Nacho Muñoz (Vigo 1969)
Músico e artista sonoro. Como productor ten traballado con artistas da talla de Mercedes Peón ou Lawrence Casserley, formando parte de colectivos artísticos como Alg-a, Orquesta O.M.E.G.A e IGMIG. Compositor da Opera Forte Fonética, o seu alter ego Madamme Cellten publicados traballos de música electrónica en numerosos selos internacionais, presentándose en palcos ao longo de Europa, Africa e Latinoamérica.

BIO
Nacho Muñoz (Vigo 1969) é compositor, artista sonoro, produtor musical, pianista e músico electrónico.
Nacho Muñoz, tamén activo baixo o pseudónimo madamme cell, é un músico e artista sonoro establecido en Galicia. Conta con estudos de música clásica, jazz, electrónica, sistemas xenerativos e composición contemporánea.
Con máis de 25 anos de traxectoria, os seus traballos publicáronse en Alg-a Netlabel, Crónica Electrónica, Non OU Edicións e Xylem Records entre outros, presentándose en escenarios ao
longo de Europa, Africa e Latinoamérica. Madamme cell tamén está detrás da comunidade de arte e acción libre Alg-a, da Orquestra de Música Espontánea Omega e foi director do Laboratorio de Experimentación Cultural Alg-a Lab en Vigo.
Destaca tamén o seu labor como produtor de artistas e formacións como Mercedes Peón, Uxía Senlle ou Ecléctica Ensemble, así como a coordinación do proxecto de investigación sobre arte e medio rural Verbenas Periféricas e a súa participación como co-director artístico na iniciativa Montenoso, galardoada recentemente cunha mención de honra nos premios Golden Nica /Ars Electronica 2014.
Nacho Muñoz conta tamén con máis de 18 anos de experiencia docente como experto en crear espazos de creación sonora. Dirixiu cursos en diversas escolas, universidades, museos, centros de arte, campamentos artísticos e fundou a Orquestra Exploratoria, laboratorio de experimentación concibido para explorar a creación sonora colectiva desde unha estética contemporánea.
Actualmente forma parte da banda de free rock IGMIG e desenvolve en diferentes cidades de Europa o seu traballo de investigación artística Parkour Sonoro. Se queres saber máis de Nacho Muñoz, podes ir directamente ao seu web pulsando aquí:
https://madammecell.bandcamp.com/

DESTINATARIOS
Está dirixido a todas as persoas, músicos e non músicos, que desexen coñecer cómo funciona a música electrónica para crear as súas propias sesións. Non se require experiencia musical previa

MATERIAL INCLUÍDO
material audiovisual/ligazóns de interese
instrumentos electrónicos analóxicos (sinte, looper, etc)

NECESIDADES
Levar un computador portátil con memoria libre.


QUERO FACER ESTE OBRADOIRO!!