Mari, Valeria e Rosa propóñense refundar o Comando Je (de güenorras). Para iso contan co relato da avóa Elvira, unha das supervivintes da banda armada feminista, desarticulada desde fai xa moitos anos. As mozas esperan que Elvira as guíe e as forme pero a anciá anda xa bastante chocha e o seu relato resulta moi confuso.

Comando Je (de güenorras) Atentado ao Rei, é a primeira novela escrita por Alicia Murillo Ruiz. No seu debut, a autora estréase ademais como ilustradora e editora deste relato de humor e conta con prólogos de Barbijaputa e Carmen F.D.. Trátase dun labirinto coral, con constantes saltos no fío narrativo e inesperados golpes de escea. As fabulosas ilustracións, inspiradas nas fotonovelas setenteiras e nos comics de Ibáñez ou Purita Campos, así como a estética retro da edición, axudarán ás lectoras a revivir as sensacións das antigas revistas ou novelas por entregas que nos deleitaban na adolescencia. O Comando Je (de güenorras) é unha mestura explosiva entre o Superpop e Julio Verne e con ela imos recuperar a ilusión de ir ao kiosko a por máis.