ALÁ FOI DANZA é unha compañía formada con motivo da celebración do Festival IMPERDIBLE 2016, que reúne a bailarinxs das compañías Cisma Danza, La Incidente D-T e do proxecto VoltageOpposite, coa intención de situar a improvisación coma motor do movemento. Danza Improvisada. Intérpretes: Paula Quintas, Leodan Rodríguez, Isabel Sánchez e Xiana Vilas Sinopse: Encontro de diferentes bailaríns improvisando no aquí e no agora. Unha composición xerada nun momento efímero, no presente, que non se pode repetir. Un espectáculo que cambia en cada instante.
Compañía Cisma
http://ciacisma.blogspot.com.es/ .
A Compañía Cisma nace en 2009, fundada por Xiana Vilas e Isabel Sánchez. O interese común por establecer novos diálogos con outras disciplinas e a procura de novas formas de expresión a través do movemento, son os eixos principais en torno ós que xira o traballo desta compañía. .
VOLTAGE OPPOSITES PROJECT desenvolve diversas líñas de investigación en torno á relación entre a danza contemporánea (Paula Quintas Santos), e o vídeo en tempo real (Adriana Pazos Ottón) e a experimentación sonora (Xoán-Xil López) trabllando nas múltiples formas de interacción entre o CORPO FÍSICO, o CORPO DIGITAL e o CORPO SONORO nunha interioridade/exterioridade creadora de sinestesia e significado..http://www.voltageopposites.com/
La Incidente Danza Teatro é unha compañía que nace no 2011 coa dirección de Leodan R. Casa. Bailarín, Coreógrafo e Pedagogo de Danza Contemporánea, Lic. en Artes Danzaría polo (I.S.A) Instituto Superior de Arte de La Habana Cuba 2003. Despois de traballar con diferentes compañías coma LOSDEDAES, (H)ARTESE DE DANZA, ENTREMAN, Ana Continente Danza e outras en Cuba e Europa. Premio de Coreografia no Festival PERCUBA 2000, Prémio de Interpretación no Festival DANZA DOS 2001, Gran Premio do Publico no Certame Sabadell 2007. http://laincidentedt.blogspot.com.es/ http://cancunquinque.wix.com/can-cun-quinque