O Impro Maxín ponse a funcionar, un disco xirando na imaxinación, unha máquina de improvisar, unha jam multidisciplinar, unha mini maratón de impro, unha festa para ver, beber e bailar.
O Impro Maxín quere ser un encontro entre improvisadoras de diversas disciplinas para poñer en práctica a nosa linguaxe en común, para facer un espectáculo entre todas.
Participan:
Improvisadoras de TheMomento, Los Duguis, Alá Foi, HALO e Al Tran Tran.
PROGRAMA XERAL:
(ADIANTARASE CON MAIOR DETALLE PRÓXIMAMENTE)
De 20:00 a 22:00:
Mostra de formatos de improvisación a cargo das compañías.
Rock improvisado, danza, musical, unipersoais, long form, etc
Descansiño para tomar aire e beber aire
De 22:15 a 0:00:
Improsport, jam, soundpainting e formato sorpresa con tódalas improvisadoras de tódalas disciplinas: música, teatro, danza.