Improvisacións Mínimas THEMOMENTO, dirección de SERGIO PARIS (Lima)

SERGIO PARIS DIRIXIRÁ PARA O IMPERDIBLE A UN ELENCO MIXTO DE IMPROVISADORXS DE THEMOMENTO E DE RECOÑECIDAS ACTRICES GALEGAS AÍNDA POR CONFIRMAR.

Improvisacións Mínimas é un formato de long form creado e dirixido por Sergio Paris, que xa se realizou con elencos de máis dunha ducia de países, entre eles Perú, Arxentina, Brasil, Colombia, México.
Caracterízase por representar situacións cotiás, cunha actuación naturalista e escenas en tempo real. Este espectáculo fai saír o lado máis teatral e poético da impro.
Baseado no cruce entre personaxes, e nas relacións que se producen entre eles, tan universais e tan complexas ao mesmo tempo.
Seremos testemuños directos das súas alegrías, dos seus conflictos, das súas penas, das maneiras que teñen de afrontar a vida, nunha historia que é como a vida mesma: improvisada.

SERGIO PARIS http://sergioparis.galeon.com/
Sergio Paris , actor, director e docente. Estudiou na Escola Municipal de Arte Dramática de Arxentina e fixo o seu posgrao na Escola de Xéneros Teatrais Puros (Jacques Lecoq). En Perú foi director da Escola de Clown e Improvisación de Pataclaun e dende o 2003 ata hoxe é o director do grupo ketO, onde creou dúas escolas: La Divina – Escola de Comedia e Ketó Escola de Improvisación Teatral, con máis de 15 promocións de alumnos. Foi o creador do curso Facilitadores e Comunicadores , baseado na técnica da impro, na carreira de Psicología da Universidade Peruana de Ciencias Aplicadas, en Lima. No ámbito empresarial coa súa compañia Ketó dirixe e asesora a diversas empresas nacionais e extranxeiras en temas de Interrelacións Personais, así como en temas de traballo en equipo e desenvolvemento de habilidades. O seu espectáculo Improvisaciones Mínimas presentouse en Arxentina, Chile, Brasil, Colombia, Venezuela, Costa Rica, Puerto Rico, México. Uruguai, Francia, España, Portugal. Foi un dos primeiros en fomentar e difundir a IMPRO no Perú.