Spin Off LOS DUGUIS (A Coruña)

Un compromiso urxente dun escritor coa súa editorial. A axuda do público, coas súas frases, serviranlle de idea para crear a súa obra. Tres improvi-sadores crearán os argumentos, as tramas, conflictos, os xiros.
Durante a función, pediranlle comentarios e palabras ao público para construír cada vez unha historia diferente. Un técnico de son improvisará en directo a banda sonora perfecta para cada situación.
Ao final o escritor non só terá un, se non dous libros distintos e novos en cada función. Novela Histórica, Romance, drama… tódolos xéneros son posibles neste espectáculo, pero sobre haberá comedia, diversión e creación no momento.

Espectáculo de sala para público adulto. Duración 85min.
Elenco:Oswaldo Digón, Marita Martínez, Noemi Miranda, Marta Iglesias, Javi Brandido (técnico)

LOS DUGUIS https://www.facebook.com/losduguis.impro
Los Duguis Impro é unha compañía de teatro de improvisación que nace na Coruña no ano 2012, formada por Oswaldo Digón (actor e director), Marita Martínez, Noemí Miranda e Marta Iglesias. Cada un dos seus membros provén de diferentes camiños nas artes escénicas, monólogos, teatro, contacontos, circo, clown…. Xuntos comezaron a súa andaina no mundo da improvisación no 2010, formándose coa compañía ImproMadrid Teatro, un referente en España e discípulos de Keith Johnstone, o creador desta revolucionaria técnica teatral.