Impartido por: Guillermo Cordeiro
Nivel: Iniciación
Duración: 16h
Horario: de 10h a 14h e de 16h a 20h
N.º de prazas: 6 (poden ser parellas)
Cuota de inscripción: 180 €
Datas: 11 e 12 de xuño de 2016
DESCRICIÓN
Aprende como automatizar procesos sinxelos coa axuda de arduino. Descobre como cun mínimo coñecemento de programación podes obter datos de diferentes sensores e decidir que facer en certos fitos.
O curso será teórico-práctico, onde na parte teórica mostraranse diversas técnicas para obter a información dun sensor, distintas formas de usar un actuador e unha breve introdución á linguaxe de Arduino.
Na parte práctica estableceranse diversos proxectos definidos na aula, onde entre todos decidiremos como, a partir dos sensores que temos, realizar un ou varios proxectos.
PROGRAMA
1. Introducción á programación para Arduino. Pinceladas de C para poder comezar.
2. Señais dixitais e analóxicas. Cómo se relacionan.
3. Procesar os datos, cómo facer que o sistema os entenda.
4. Dixirindo os datos.
5. Comezamos a xogar. Desenrolo dos proxectos.
DOCENTES:
Maker que lle gusta meterse en lios con ampla experiencia no mundo arduino, participando nun sen fin de proxectos dentro desta plataforma.
Guillermo Cordeiro
ruworuro@gmail.com
DESTINATARIOS
Para todos aqueles que queiran adentrarse na electrónica automática dende a facilidade que che da o software e o hardware libre.
NECESIDADES
Imprescindible portátil.
MATERIAL INCLUÍDO
Starter Kit XXL Arduino Uno R3