Impartido por: Michel Martín
Nivel: Apto para todos los niveles.
Duración: 16h.
Horario: de 11h a 14:30h e de 16h a 20:30h
N.º de prazas: 20
Cuota de inscrición: 165 €
Datas: 4 e 5 de xuño de 2016
DESCRICIÓN
Un set de batería é quizá un dos instrumentos máis complicados de gravar. Trátase dun instrumento musical que se compón de múltiples elementos, a maior parte dos cales pouco teñen que ver os uns cos outros: caixa, bombo, timbales, charles, pratos… Cada un destes elementos ten características moi distintas, tanto tímbrica como dinámicamente e, con todo, todos eles forman un conxunto coherente cando son tocados de forma correcta. Xa que logo, a tarefa dun bo enxeñeiro é plasmar este son, xa sexa mediante o uso dun único micrófono ou a través de varios: o obxectivo final é que o instrumento quede representado adecuadamente. E xa de paso, si non é moito pedir, a batería debe soar con pegada, profundidade, corpo, brillo, ataque, tamaño, forza, dinámica…
PROGRAMA
PARTE 1 – MAÑANA DÍA 1
-HISTORIA DA CAPTACIÓN DA BATERÍA ACÚSTICA
SEGÚN A ÉPOCA E O ESTILO MUSICAL.
-SETUP DE INICIO.
Q&A
PARTE 2 – TARDE DÍA 1
-GRABACIÓN DA BATERÍA ACÚSTICA
-SELECCIÓN E COLOCACIÓN DE MICRÓFONOS
-OS PREVIOS DE MICRÓFONO
-TOMA DE NIVEIS
PARTE 3 – MAÑANA DÍA 2
-MEZCLA DA BATERÍA ACÚSTICA
-SETUP DE INICIO
-NIVEIS DE REFERENCIA
-A COHERENCIA DE FASE ACÚSTICA
PARTE 4 – TARDE DÍA 2
-PRODUCIÓN DO SON DA BATERÍA ACÚSTICA
SEGÚN O ESTILO MUSICAL
-TRUCOS ESPECÍFICOS DE PRODUCIÓN
-SELECCIÓN DOS EFECTOS DE SON
DOCENTE: Michel Martín
18 anos de experiencia na docencia (pasando polas mellores escolas e universidades privadas e públicas nacionais e internacionais) e tras 35 anos de experiencia profesional ao máis alto nivel no mundo da gravación, a mestura e a produción con todo tipo de artistas de diferentes estilos e épocas como:
B.B. King, Eric Burdon, The Police, New Order, Take That, Camarón, Paco de Lucía, Enrique Morente, Estrella Morente, Kiko Veneno, El Dúo Dinámico, Los Bravos, Massiel, Los Pecos, Alaska & Dinarama, Mecano, Miguel Ríos, Los Elegantes, Los Nikis, La Unión, Alejandro Sanz, Los Ronaldos, Hombres G, Los Enemigos, Leño, Luz Casal, Juan Perro, Fangoria, Marta Sánchez, Ketama, Los Planetas, Australian Blonde, Aviador Dro, Mónica Naranjo, La Oreja de Van Gogh, Estopa, Amaral, Pereza, Julieta Venegas…
https://sonidomichelmartin.wordpress.com/cv/
DESTINATARIOS
Esta Masterclass vai dirixida a todos os enxeñeiros de son, productores, músicos e artistas que queiran ampliar os seus coñecementos, expandir a mente e coñecer os segredos dos profesionais ao longo de toda a historia da gravación.
MATERIAL INCLUÍDO NO OBRADOIRO
Sesión Multipistas en wav e Set Up Microfonía dos máis grandes enxeñeiros en pdf
NECESIDADES
Pen Drive de ao menos 2 Gb