Alicia Murillo Ruiz defínese a si mesma artista multiINdisciplinaDA, activista feminista e ama de casa. Incorrecta, divertida, agresiva, a amas ou a detestas, namórache ou che irrita.
Estudou Canto lírico no Conservatorio Rossini de Pesaro (Italia) e Magisterio na Universidade de Huelva. Nun principio pode parecer que as dúas carreiras non teñen nada que ver, e de feito é certo, por iso ao final o que fai son vídeos para Pikara Magazine e Youtube.
Non ten carnet de conducir por solidariedade co gremio de taxistas. Come palmeras de chocolate para contribuír ao desenvolvemento da industria da bollería. De feito é moi bollo. Busca noiva.
AGORA EN SERIO
Alicia Murillo Ruiz nace en Sevilla en 1975. Realiza os seus estudos de Canto no Conservatorio Manuel Castelo da súa cidade natal, Sevilla, e no Conservatorio G. Rossini de Pesaro (Italia) onde finaliza a súa formación baixo a guía de Daniela Broganelli e Lucia Fiori. Complementa a súa carreira de cantante estudando danza, flauta travesera e piano.
Inicia a súa carreira profesional no Coro do Teatro da Maestranza de Sevilla. Aos 20 anos comeza a súa carreira como solista de música antiga realizando diferentes viras coa agrupación vocal-instrumental Arte Factum. Desde entón traballou con compañías de todo o mundo tales como a da coreógrafa Bárbara Sánchez, Circus Contraption, A Cuadra de Sevilla (dirixida por Salvador Távora), A Zanfoña Móbil, Sottomondo Urbano e Vertical Cuarteto entre outras.
Realizou xiras en numerosos países (Bélgica, EEUU, Francia, México, Marruecos, Grecia, España, UK, Italia) participando en festivais tales como: Festival de Edimburgo; Festival de Música Antiga de Barcelona; Festival do Castell de Peralada; Festival de Música de Atenas; Rossini Opera Festival; Festival Cervantino etc. e en teatros como o Arriaga de Bilbao, Kursaal de San Sebastián ou Maestranza de Sevilla.
Algúns dos espectáculos creados por Alicia son Tatuaje, Encontro, De Andalucía a América, Youkali, Opera Café, Opera Kabaret, Tenor o no Tenor e Cuidado con la Perra. Todos eles foron ideados en colaboración con outros creadores como Francesco Manna, Daniela Ferrati, Mayca Teba ou Eduardo Khawam.
Performances de activismo político, técnicas audiovisuales, marionetas, danza, texto, cabaret, circo e ópera son algúns dos compoñentes dos seus traballos.
É ademais autora do proxecto feminista contra o acoso callejero O Cazador Cazado.
Colabora mensualmente como vídeo-articulista para Pikara Magazine.
CUIDADO CON LA PERRA
A cuestión é que en CUIDADO CON LA PERRA, por primeira vez na súa vida, Alicia conseguiu deseñar un traballo que non pasou a revisión, exame e/ou censura dun señor cincuentón, branco e heterosexual. Non é que teña nada en contra dese perfil de director de escena, pero xa andaban tocándolle un pouco os ovarios con iso da voz cristalina.
No seu recital, Alicia canta, fala polos cóbados, baila, toca o piano, o ukelele, as castañuelas ou se cadra non fai nada de todo iso. Depende de polo que lle dea a noite que vaia vostede a vela.