Todo o mundo coñece o Photoshop e moita xente o ten instalado no seu ordenador para cousas como «retocar as fotos familiares». Pero Photoshop é unha ferramenta profesional. Se non precisas dun portaavións para cruza-la ría porque cun barquiño pequeno xa vale, ¿para qué usar Photoshop para retocar as fotos da familia? Pixlr (online e gratuito) vaiche sorprender gratamente.