TRICICLO
de Fernando arrabal
Versión e dirección de Mónica Sueiro
Climando e Apal teñen que pagar a cuota dun triciclo alugado, co que se gañan a vida paseando nenos no parque. Apal durme e Climando desepera na procura dunha solución mentres fala con Vello, o violinista errante, e con Mita, a súa moza suicida. A aparición do home dos billetes convértese na solución: Apal e Climando deciden matalo para quedar co diñeiro, empregando a Mita como carnada.
Triciclo é un retrato crú de catro personaxes errantes e marxinais dentro dunha sociedade alienante e que viven nun sistema incomprensible para eles. A obra transita entre a inocencia, a ironía, o humor e a morte. E a súa vixencia na actualidade é indiscutible.
Con esta montaxe, Non Si? Teatro celebra dez anos de vida ligados ao grupo avanzado da Aula de Teatro de Baiona, que arrincaron con Pic-Nic tamén de Fernando Arrabal.
REPARTO
APAL. Yoli Iglesias
CLIMANDO. Sergio Llauger
VELLO “O Violinista”. Germán Gundín
MITA. Iria Collazo
VOZ POLICÍA. Duygu Biçer
REPARTO ARTÍSTICO E TÉCNICO
Deseño de luces. Germán Gundín
Deseño de espazo escénico e vestiario. Mónica Sueiro
Espazo sonoro. Germán Gundín
Deseño Gráfico. Jorge de Arcos
Fotos. Alba Diz
Texto: Fernando Arrabal
Dramaturxia e Dirección. Mónica Sueiro