Impartido por: Iván Caíña
Nivel: Medio
Duración: 12h.
Horario: Sábado de 10h a 14h e de 16h a 20h e Domingo de 10h a 14h
N.º de prazas: 15
Cuota de inscrición: 115€ (80€ para as persoas que fixeron o obradoiro de Caligrafía!! Aproveitade!!)
Datas: 18 e 19 de xuño 2016
INSCRICIÓN: chamando ao 609830553 ou un mail cos vosos datos e obradoiro no que queres participar: queroaprender@escolaunitaria.com
DESCRICIÓN
Aproveitando os nosos coñecementos de caligrafía con pincel, abordaremos un proxecto real desde o pincel ata a pantalla que neste caso trátase dun cartel para un concerto.
O obxectivo deste curso é coñecer a aplicación da caligrafía nun proxecto gráfico, para iso imos realizar un cartel para un concerto.
BOSQUEXO
Partindo dun papel en branco e coa axuda de lapis e borrador, comezaremos cunha guía do que van ser nosas letras a pincel trazando o bosquexo desde cero e aprendendo unha serie de trucos para utilizalos como base da nosa caligrafía.
Utilizaremos rotuladores alternativos ao Pincel Pentel que xa coñecemos.
BOSQUEXO LIMPO
Utilizando como base o bosquexo anterior, aprenderemos a corrixir erros e así deixalo o mais limpo posible.
DIXITALIZADO
Co noso deseño completamente limpo pasaremos á parte dixital, encaixaremos as nosas letras apoiándonos nunha imaxe de stock para terminar deseñando o noso cartel.
DOCENTE: Iván Caíña
Iván Caíña é diseñador gráfico freelance especializado en caligrafía, lettering
Instagram: ivan_caina
DESTINATARIOS
O curso está dirixido todo o público, a persoas interesadas na caligrafía como método de expresión pero non cumpre cun target determinado así que calquera persoa pódese divertir xa sexa diseñador, publicista, camareiro ou presentador de TV.
MATERIAL INCLUÍDO NO OBRADOIRO
Lápis, goma, rotuladores, papel de 90gr e vexgetal.
NECESIDADES
Coñecementos de Caligrafía e manexo de Photoshop.
Ordenador portátil con Photoshop.
E traer GANAS DE APRENDER a escribir bonito. 😉
INSCRICIÓN: chamando ao 609830553 ou un mail cos vosos datos e obradoiro no que queres participar: queroaprender@escolaunitaria.com