O espectáculo que estabas agardando toda a semana! TheMomento Impro tráenos un novo e suxerente formato de improvisación cada venres, onde exploran as posibilidades que a técnica da impro ofrece no escenario. Máis alá dos xogos e da impro deportiva que tódolos mércores presentan nas Noites Improbables no Café Camalea, os Derrepente Venres son un salto ao baleiro, unha aposta de risco, un artefacto escénico experimental, onde caben comedia e drama, realidade e ficción, as risas e a emoción. Todo tipo de narrativas creadas en directo, cada venres sorprenderémoste cunha nova aposta. Derrepente Venres! Non esperes ao sábado que se che pasa a vez!