Impartido por: RGXela
Nivel: Iniciación
Duración: 12 horas
Horario: Venres de 16h a 20h e Sábado de 10h a 14h e de 16h a 20h
N.º de prazas: 12
Cota de inscrición: 90 €
Datas: 15 e 16 de xullo 2016
DESCRICIÓN
Obradoiro de creación de fotofanzines, onde aprenderemos as claves básicas da linguaxe fotográfica e exploraremos as posibilidades creativas do papel. As sesións estarán articuladas a partir da idea de proxecto colectivo onde traballaremos co espírito fanzinero do do it yourself.
PROGRAMA
1. Venres de 16 a 20 horas
Presentación do colectivo de participantes no proxecto. Falaremos de linguaxe fotográfica e de fanzines. O obxectivo do colectivo nestas dúas sesións será o de realizar un fotofanzine; polo que para acadar imaxes para compoñer o mesmo, cada membro do grupo terá unha tarefa fotográfica específica para este proxecto.
2. Sábado de 10 a 14 horas
Produción de imaxes a partir da tarefa encomendada.
3. Sábado de 16 a 20
Produción do fanzine. Selección de imaxes, maquetación e impresión. Cada participante levará o seu exemplar de fanzine.
DOCENTE: RGXela (Xela Rodríguez García)
Licenciada en Filoloxía Hispánica (USC, 2005), doutoranda especializada en estudos filmoliterarios (Diploma de Estudos Avanzados, USC, 2008); Técnica Superior en artes plásticas e deseño en fotografía artística (EASD Mestre Mateo, 2011).
Traballou como fotógrafa independente para diversos diarios galegos (Vieiros, Tempos Novos, Novas da Galicia) e a axencia de comunicación Vía Láctea. Fixo traballos de guión e realización de vídeos promocionais e traballou como operadora de cámara para o canal de streaming Itineris, cubrindo diversos eventos sempre de forma independente.
É docente de fotografía e imaxe audiovisual; realizando cursos para persoas desempregadas e para diversos colectivos e asociacións (cursos forga, obradoiro de curtas da asociación de dano cerebral Sarela, obradoiro de imaxe feminista para o Observatorio da Mariña pola Igualdade). E segue a ser fotógrafa independente.
Mail: rgxela@gmail.com
Facebook: @XelaRG
Twitter: @RGXela
Instagram: @RGXela
Web: rgxela.es
DESTINATARIOS
Proxecto colectivo destinado a todas aquelas persoas interesadas na fotografía e no fanzine como soporte para contar historias, que desexen aprender en grupo e explotar as posibilidades creativas e expresivas da imaxe impresa neste soporte.
MATERIAL INCLUÍDO NO OBRADOIRO
Todos os materiais que se empreguen na aula están incluídos.
NECESIDADES
Para un bo seguimento os asistentes deberían levar unha cámara dixital; pode ser unha cámara réflex, compacta ou de móbil; as baterías e o cable de conexión e descarga de datos a PC.