Impartido por: Paulo Enrique Pascual Castro
Nivel: Iniciación
Duración: 12 horas
Horario: de 10h a 14h e de 16h a 20h o sábado e de 10h a 14h o domingo
N.º de prazas: 20
Cuota de inscrición: 80 €
Datas: 9 e 10 de xullo de 2016


QUERO FACER ESTE OBRADOIRO!!

DESCRICIÓN
Curso divulgativo e de achegamento as posibilidades melódicas do único instrumento musical que toca sen tocarse.

PROGRAMA

– Presentación do instrumento. Necesidade divulgativa.
– Orixe do instrumento.
-Contexto histórico / A electrónica nas artes de comenzos de século / Variantes do instrumento.
-Leon Theremin. Intérpretes (de comenzos de século ata agora) e diferentes técnicas.
-Cómo funciona o Theremin.
-Breve descrición do xeito de xerar música a partir das súas antenas e dos seus circuitos.
-Demostracións das súas posibilidades melódicas.
-Cousas fundamentales para empezar: postura diante do instrumento, afinación e detalles básicos para facer soar notas do Theremin.
Situar unha e mantela.
-O son do Theremin no cine. Suspense, terror, ciencia ficción en Hollywood.
-Baixadas cromática con vibrato / experimentacións con sons agudísimos e gravísimos /
-O radio de accion da antena de tono variando o potenciómetro de “pich”
-O theremin,instrumento melódico.
-A escola rusa e europea contemporánea.
-Noción de escala e intervalos. Técnica de dixitación aérea e posicións.
-Utilidades dos seus poucos potenciómetros. O potenciómetro “Pich” e a calibración da antena dereita (notas) antes de comenzar a tocar.
-A antena de Volume: función e técnica de manipulación das notas. A separación das notas, o ritmo.

-Movemento de man e de brazo coa intención de situar unha nota e a súa octava.
-Movemento de man (4 posicións, catro notas)
-Movemento de brazo para intervalos máis amplos.
-Introducción ó vibrato.
-Execución da escala maior con movemento de man e brazo, despois separar notas e usar tecnicas de vibrato coa man esquerda.

-Theremin con delay/loopers
-Un paso adiante cara a armonizacións e texturas de sons xerados para poder usalos de colchón sonoro dunha melodía principal.
-Outros efectos; reverb e distorsión.

-Pequena toma de contacto libre co instrumento dos asistentes acariciando o son que xeneran as dúas antenas tendo en conta a información explicada no obradoiro.

DOCENTE: Paulo Enrique Pascual Castro
Paulo Enrique Pascual Castro (1972) Músico autodidacta activo en proxectos desde os 14 anos.
Actualmente guitarrista e thereminista en Camarada Nimoy e a Orquesta Metamovida.
Como thereminista leva impartido varios obradoiros divulgativos en diferentes institutos e centros culturais, pero nunca un como o aquí descrito, máis orientado a aspectos melódicos do instrumento.
Un dos seus últimos proxectos foi poñer banda sonora en directo (composta por él) ao 1º filme de ficción galego “Miss Ledyia” no festival de Cans.

https://www.facebook.com/planetathereminpaulo
paulo_pas@yahoo.es

DESTINATARIOS
Persoas que teñan un coñecemento básico musical: músicos profesionais ou amateurs, estudantes de música ou xente motivada por coñecer o Theremin na súa real dimensión. É máis que recomendable o dominio previo dalgún outro instrumento melódico ou armónico para asimilar e desenvolver a información do curso.
Non é necesario posuír o instrumento. Por tratarse dun curso básico de iniciación e divulgación do instrumento, as prácticas realizaranse na aula co instrumento do que imparte o obradoiro.

NECESIDADES
Libreta, boligráfo e pasión é máis que suficiente.


QUERO FACER ESTE OBRADOIRO!!