Impartido por: Coro González/ Paco Luna
Nivel: DIVERSIÓN para a aprendizaxe
Duración: 32,5h
Horario: de 9:00h a 14h / de martes a sábado, con posibilidade entrar ás 8:30h e de saír ás 15h para favorecer a conciliación familiar.
N.º de prazas: 14
Cuota de inscrición: 135 €
Datas: do 26 ao 30 de xullo 2016
DATA LÍMITE DE INSCRICIÓN: mércores 20 de xullo 2016
INSCRICIÓN: chamando ao 609830553 ou un mail cos vosos datos e obradoiro no que queres participar: queroaprender@escolaunitaria.com
DESCRICIÓN
Obradoiro dirixido a nenos e nenas dos 9 aos 12 anos coa creatividade e o divertemento como fíos condutores, para aprender e reforzar competencias transversais e valores prosociais a través da experimentación.
PROGRAMA
Aprender divirtíndonos e sendo os protagonistas das experiencias, empodéranos no noso contexto: todas as persoas, por moi pequeniñas que sexamos, podemos aportar, compartir e aprender poñendo en marcha a nosa capacidade creativa. Todo o que pode inventarse xa está feito, pero facelas cousas de xeito diferente e a través da convivencia, do traballo colaborativo e descubrindo o que nos rodea, permítenos que enchamos as nosas mochilas de novos coñecementos e de actitudes positivas.
As competencias básicas para a vida, ou as capacidades transversais (CT) son o conxunto de coñecementos, habilidades e actitudes que desenvolvemos as persoas e que nos permiten comprender, interactuar e transformar o mundo no que vivimos. Esta proposta pretende que os máis pequenos e pequenas continúen reforzando o uso das súas habilidades e coñecementos dunha maneira flexible a través dunha alternativa creativa, próxima e innovadora na que o seu protagonismo de inicio a fin será fundamental.
Neste obradoiro traballarames as CT a través da realización dun minidocu artellado polo grupo e dinamizado con xogos e actividades para reforzar os contidos, encontros coa contorna para favorecer o coñecemento do noso contexto e visitas de persoas e persoeiros de interese que enriquecerán tanto a aprendizaxe coma a experiencia.
CT a traballar: creatividade e innovación, relación interpersoal, traballo en equipo, empatía, escoita activa, planificación, organización, expresión, comunicación asertiva, resolución de problemas, reflexión e análise, crítica constructiva, responsabilidade, xestión emocional.
Luns/ Martes / Mércores/ Xoves / Venres
Todas as sesión estructúranse en diversos bloques de acción. En función do ritmo e das necesidades do grupo faranse descansos puntuais:
Equipo a tope!: dinámicas para a presentación/interacción e organización do traballo colectivo.
E ló?: videoforum, squechts e xogos grupais para reforzar as tarefas vinculadas ao minidocu.
Imos aló!
Peke_reporteiros: saídas a recursos/espazos próximos e visitas á Unitaria de persoas de referencia para favorecer o coñecemento da contorna. En ambas modalidades se elaborán entrevistas e grabacións planificadas polo grupo.
DOCENTES:
Coro González, diplomada en Educación Social pola Universidade de Santiago de Compostela, con traxectoria na acción social en contextos comunitarios e de intervención directa con poboación infantil, xuvenil e adulta, traballando na xestión e implementación de proxectos vinculados á participación e empoderamento das persoas. Actualmente desenvolve servizos profesionais en redes de colaboración para a creación e o impulso de estratexias creativas e proxectos educativos, sociais e culturais no entorno máis próximo.
Paco Luna, diplomado en interpretación polo Centro Andaluz de Teatro; participou en numerosas montaxes teatrais recibindo premios polo seu traballo. Cofundador da compañía teatral Cámara Negra, compoñente do dúo cómico Os Reverendos, monologuista, director e guionista. Participou en numerosas curtometraxes, longametraxes e series televisivas. Dende o 1998 desenvolve a súa labor coma docente en diversas entidades e proxectos educativos (Universidad de Sevilla, Museo Carmen Tyssen de Málaga, Biblioteca Nacional Española, Centro de Educación Permamente Polígono Sur de Sevilla).
DESTINATARIOS
Obradoiro dirixido a nenas e nenos dos 9 aos 12 anos.
QUE TRAER?
Ganas de pasalo ben, enerxía e a merenda da media mañá.
INSCRICIÓN: chamando ao 609830553 ou un mail cos vosos datos e obradoiro no que queres participar: queroaprender@escolaunitaria.com