* PROGRAMA SUMMER SEASON 2016 *
1. OGASAVARA
Georgia / Drama / 2015 / 8mins | Dir. Vakhtang Kotetishvili
Murad e Masha deciden casarse, pero antes de que cumpran este obxectivo, a vida ten uns xiros inesperados reservados para eles.
2. THE REFLECTION OF POWER
Rumanía / Experimental / 2015 / 9mins | Dir. Mihai Grecu
Na capital máis secreta do mundo, a multitude contempla un espectáculo mentres un desastre ameaza con aniquilar a cidade.
3. PARTNER (RÉPLIQUE)
Bélxica / Drama / 2015 / 19mins | Dir. Antoine Giorgini
Hoxe, Tony suponse que vai facer unha audición para unha escola de teatro. Pero Steven, o seu mellor amigo e compañeiro de lectura, non aparece.
4. THINGS USED TO BE HIDDEN
Inglaterra / Animación / 2015 / 4mins | Dir. Tara Mercés Wood
Durante as secuelas dun experimento que fixo que todo o mundo pérdese os seus filtros de percepción, algúns personaxes cóntannos como se senten coas súas novas vidas. Sabelo todo é realmente o que queremos?
5. HOTEL 22
Alemania / Documental / 2014 / 8mins | Dir. Elizabeth O
Cada noite en Silicon Valley, un autobús público transfórmase nun refuxio non oficial para os vagabundos. Hotel 22 plasma unha soa e dramática noite na ruta da Liña 22.
6. FLORIDADA – ANIMAL COLLECTIVE
Dir. PFFR Forever Ltd.
Unha historia de amor alienígena, conmovedoramente humana e inundada en Technicolor.
7. AVE MARIA
Palestina – Inglaterra / Comedia / 2015 / 14mins | Dir. Basil Khalil
A cinco monxas do West Bank interrómpeselles a súa rutina diaria de silencio cando unha familia xudía chama á súa porta pedindo axuda.
8. OUSTAZ
Chad – Canadá – Arabia Saudita / Documental / 2015 / 22mins | Dir. Bentley Brown
Un director de cine americano que se criou en Chad regresa ao vídeo doméstico para explorar a morte do seu profesor árabe e os seus momentos de iniciación á filmación.