Impartido por: Manchea
Nivel: Iniciación
Duración: 12 horas
Horario: de 10h a 14h e de 16h a 20h / 10h a 14h
N.º de prazas: 12
Cuota de inscrición: 95 €
Datas: 22 e 23 de de outubro de 2016
DATA LÍMITE DE INSCRICIÓN: 5 días antes da realización do obradoiro


QUERO FACER ESTE OBRADOIRO!!

DESCRICIÓN
Coñeceremos os básicos sobre a impresión artesanal con tipos móbiles e vellos clichés de imprenta de tal forma que as persoas asistentes sexan quen de producir as súas propias impresións ao final do obradoiro.

PROGRAMA
Breve introducción histórica: orixes e evolución da prensa tipográfica: Tipos móbiles, linotipia e imprenta ofset.
Materiais: Achegamento aos elementos que se atopan nun taller tipográfico e principais ferramentas empregadas nesta disciplina.
Tipos de prensas (prensas de golpe, prensas de arrastre) e as súas características básicas.
Composición: Aprender o proceso polo cal empregamos os tipos para formar as palabras e frases que finalmente serán impresas.
Outros procedementos alternativos e/ou complementarios (polímero, linóleo, clichés, troquelados). Ademáis dos tipos móbiles tradicionais, os nosos traballos poden servirse doutros elementos para lograr un bo deseño final.
Teoría da cor. Como funcionan as cores, como empregalas e como traballar as tintas.
Impresión: Medidas, axustes e emprego da prensa.
Problemas habituais: causas máis comúns de problemas á hora de imprimir e como darlles solución.

DOCENTE: Laura Sánchez / Tono Galán
Laura Sánchez é licenciada en tradución pola Universidade de Vigo. Impresora dende o ano 2013, pensa, deseña e coordina a imprenta artesanal manchea dende esa data.
Tono Galán é técnico superior en pintura mural e procedementos pictóricos na Escola Llotja de Barcelona. Impresor dende o ano 2011, forma equipa con Laura dende o ano 2013.
manchea.wordpress.com · instagram.com/mancheagram · facebook.com/manchea.laboratoriomultindisciplinado/ · artono.com

DESTINATARIOS
Non son necesarios coñecementos previos de ningún tipo e o rango é pra todas as idades.

MATERIAL INCLUÍDO NO OBRADOIRO
Prensa tipográfica, tintas, papeis, tipos móbiles, clichés de imprenta.

NECESIDADES
Roupa que se poida manchar.


QUERO FACER ESTE OBRADOIRO!!