Xénero: documental
Ano: 2016
Duración: 70 min.
Produtora: Iceberg filmes
Dirección e realización: Miguel A. Romero.
Investigación e produción: Francisco Ferreira
Son directo: Luís Martín
Postprodución son: Borja Currás

Sinopse: “Amarrar as palabras” é un documental sobre os procesos de confluencia política e electoral que tiveron lugar en Galicia na segunda metade de 2015, e que involucraron a maior parte do nacionalismo e da esquerda estatal. O documental céntrase nos intentos de organizar unha candidatura unitaria, e de base cidadán (non partidaria), para as eleccións estais de decembro, e nas dúas plataformas cidadáns que, en boa medida, protagonizaron estes intentos: “Encontro por unha Marea Galega” (próxima as mareas municipais) e “Iniciativa pola Unión” (próxima o nacionalismo máis ortodoxo), que xurdiron destes procesos para transcender as limitacións dos partidos tradicionais.

O fío condutor son as relacións entre estas plataformas, e as destas cos partidos, e a súa evolución hasta chegar a unha ruptura definitiva, e a formación de dúas candidaturas enfrontadas: “En Marea” e “Nós, Candidatura Galega”. O documental reflicte as dinámicas destes procesos, e o contexto de excepcionalidade e efervescencia política e social no que se produciron.

Tráiler: https://vimeo.com/161526589