Impartido por: Carlos Cartoné
Nivel: Iniciación-Medio
Duración: Outubro a xuño
Horario: 2 horas á semana nunha sesión
N.º de prazas: 20
Cuota de inscrición: 70 €
Datas: Outubro 2016 a xuño 2017
DATA LÍMITE DE INSCRICIÓN: 25 setembro 2016
INSCRICIÓN: chamando ao 609830553 ou un mail cos vosos datos e obradoiro no que queres participar: queroaprender@escolaunitaria.com
DESCRICIÓN
Curso eminentemente práctico, baseado na escrita, na lectura e na crítica. Potenciarase en todo momento a participación directa dos asistentes, o comentario e o debate dos textos nun ambiente respectuoso e ambicioso.
PROGRAMA
O programa componse de tres grandes bloques, adaptables na súa duración ás necesidades/gustos dos participantes e que en ningún momento serán tratados de xeito académico ou lineal, senón transversal, para maior proveito e disfrute das sesións; pola mesma razón, poderanse engadir ou substituir os puntos que se consideren necesarios. Os bloques son os seguintes:
Bloque 1-Imaxinación e inspiración:
1.1-Como buscar e atopar temas
1.2-Desbloquear a escrita
1.3-Cartas, listas e interrogatorios
1.4-Inspiracións gráficas
1.5-Roubar historias
1.6-Contactar co narrador interior (escrita automática e outras técnicas)
1.7-A escrita coral
Bloque 2-Recursos e técnicas básicos da narración:
2.1-Punto de partida
2.2-Ritmo da narración
2.3-Adxetivación
2.4-Voz do narrador (ton, volume e expresividade)
2.5-Tema, historia e argumento
2.6-Punto de vista
2.7-Creación de escenas
2.8-Creación de personaxes
2.9-Diálogo
2.10-Monólogo interior
Bloque 3-Profundar na narrativa:
3.1-Os motivos literarios
3.2-Tipos de narración:
3.2.1-Lendas
3.2.2-Fábulas
3.2.3-Conto tradicional
3.2.4-O relato e os seus xéneros
3.2.5-Microrrelato
3.2.6-Novela curta ou nouvelle
3.2.7-A novela e os seus tipos
3.3-Aspectos e elementos específicos da narración
Dinámica: Na primeira sesión, presentarase o curso e traballarase sobre textos de autores significativos para iniciar a reflexión individual sobre a escrita. En adiante, cada sesión abrirase coa lectura e comentario xeral dos textos escritos polos participantes a semana anterior. Para o curso haberá un temario sobre elementos interesantes para a escrita (personaxes, punto de vista, argumento, ton, técnicas, etc.) que partirá da lectura de fragmentos de autores recoñecidos con exemplos para debater en grupo; despois proporase aos asistentes unha directriz de traballo (proposta de situacións ou personaxes, limitación no uso de palabras, etc.) para empregala na escrita nesa sesión e/ou durante a semana seguinte.
Nos primeiros meses, farase énfase nos exercicios para soltar e desbloquear a escrita, para despois afondar en técnicas máis avanzadas.
Finalidades do obradoiro:
Nun nivel grupal, trátase de conseguir formar unha comunidade de intercambio de coñecementos arredor do texto, de fortalecemento mutuo da creatividade escrita, cunha parte lúdica ben marcada, formada por comentaristas con sentido crítico e confianza suficiente para debater desde o respecto, sen facer xuízos de valor, pero sen pelos na lingua, entendendo a crítica como unha oportunidade de mellora.
Nun nivel individual, reforzarase semana a semana a práctica da escrita até convertela en costume, potenciando a sensación pracenteira derivada de ver recoñecido o solitario esforzo de escribir entre persoas con, como mínimo, ese gusto en común. Ademais, potenciarase o sentido crítico sobre o propio traballo.
En resumo, trátase de transformar un dobre hábito individual e silencioso (escrita e lectura) nunha práctica gregaria, que se poida compartir en voz alta, en cuxo desenvolvemento poida participar o grupo de intereses comúns, ofrecendo diferentes perspectivas sobre o texto e a actividade escrita, fundamentándoos, dándolles azo e sentido.
DOCENTE: Carlos Cartoné
Licenciado en Filoloxía Hispánica, Máster en Edición pola Universidade de Salamanca/Santillana, máis de 15 anos traballando no sector editorial. Cofundador da editorial independente Irmás Cartoné.
Perfil Linkedin
DESTINATARIOS
Persoas que queren escribir pero non saben como comezar ou senten inseguridade á hora de abordar a creación literaria ou queren coñecer a fondo as técnicas e os elementos básicos da narración… Tamén persoas que xa escriben pero non conseguen facelo de xeito habitual, non atopan a súa voz ou senten que necesitan profundar nos seus coñecementos do proceso creativo.
MATERIAL INCLUÍDO NO OBRADOIRO
En todas as sesións entregaranse fotocopias:
Dos textos elaborados polas persoas participantes (unha copia por persoa).
Das directrices de traballo para o texto da semana seguinte (unha copia por persoa).
Na maioría das sesións traballarase sobre fragmentos de textos de autores recoñecidos (unha copia por persoa de entre 2 e 6 páxinas).
NECESIDADES
Caderno e bolígrafo ou similar.