Impartido por: Paola Guimerans
Nivel: Iniciación
Duración: 8 horas
Horario: de 10h a 14h e de 16h a 20h
N.º de prazas: 20
Prezo: 80 euros (materiais incluídos)
Datas: Domingo 16 de Outubro 2016
DATA LÍMITE DE INSCRIPCIÓN: 5 días antes do obradoiro
INSCRICIÓN: chamando ao 609830553 ou un mail cos vosos datos e obradoiro no que queres participar: queroaprender@escolaunitaria.com
DESCRICIÓN
Este obradoiro teórico-práctico de tecnoloxía aplicada á moda preséntase como unha aproximación ás novas posibilidades creativas da electrónica do-it-yourself. Os participantes aprenderán a construír circuítos, experimentar con materiais intelixentes e explorar os potenciais creativos que ofrece a integración da electrónica en textiles.
PROGRAMA
– Presentación: A tecnoloxía aplicada á moda: Tendencias, retos e oportunidades
– Exercicio práctico: Introdución á tecnoloxía wearable. Iniciación en metodoloxías de deseño de interacción e novos materiais conductivos e flexibles
– Funcionamento dun circuíto. Conceptos básicos de electrónica.
– Como engadir interactividad ao teu proxecto wearable. Presentación de diferentes técnica para a creación de textiles electrónicos
– Construción de tres tipos de sensores brandos.
– Introdución ao kit para e-textiles Lilypad Arduino
– Introdución a materiais intelixentes: Pinturas termocrómicas
– Desenvolvemento dun prototipo
– Presentación dos traballos. Rolda de preguntas.
DOCENTE:
Paola Guimerans é unha artista-educadora que investiga metodoloxías educativas STEAM. Defensora da democratización tecnolóxica e do do it yourself, defende a tecnoloxía como material alternativo para a creación e o ensino das artes. Cursou estudos no MFA Design and Technology no Parsons School of Design, Nova York. Nesta mesma escola impartiu diferentes talleres de soft circuits e wearable technology, ademais de traballar para o Fashion Technology Lab.
DESTINATARIOS
Todas aqueles diseñadores e estudantes interesados no mundo da moda, o teatro e a arte e a súa interacción coa tecnoloxía.
A foto da portada é dun dos proxectos de BFTLab: http://www.bidc.eus/bilbao-fashion-future-conference/