Impartido por: Pablo Barreiro
Nivel: Iniciación / Medio
Duración: 16 horas
Horario: de 10h a 14h e de 16h a 20h
N.º de prazas: 15
Cuota de inscrición: 120 €
Datas: 22 e 23 de outubro de 2016


QUERO FACER ESTE OBRADOIRO!!

DESCRICIÓN
Curso de iniciación de moldes e matricería artesanal para cerámica.
Neste curso aprenderás a fabricar dende un molde sinxelo ata moldes de pezas máis complexas para seriar en material cerámico.

PROGRAMA
– Xornada 1:
– Teórica: A reproductibilidade na Historia da Arte. Referentes históricos do uso do seriado sobre todo na cerámica.
– Práctica: Os moldes. Partes dun molde. Tipos e usos. Cómo ler un obxecto susceptible de ser seriado. Materiais. Faremos un molde en escaiola dun obxecto sinxelo do cotiá.
– Xornada 2:
– Teórica: Artistas e a Copia.
– Práctica: Moldes complexos. Usos. Partes. Faremos un molde complexo en escaiola dun obxecto do cotiá.

Obxectivos:
– Interpretar obxectos matriz para realizar o molde máis axeitado.
– Comprender o proceso de seriado cerámico.
– Realizar un proxecto de deseño dende a idea ata o seriado final.
– Elexir o material máis convinte segundo o proxecto.

DOCENTE: Pablo Barreiro
http://cargocollective.com/pablobarreiro/CV
https://www.facebook.com/calquera.cousa.ceramica/photos_stream?tab=photos_albums

DESTINATARIOS
todo tipo de nivel. Alumnos con ganas de coñecer o proceso de seriado cerámico. De 8 a 15 alumnos.


QUERO FACER ESTE OBRADOIRO!!