Impartido por: Manchea
Nivel: Iniciación
Duración: 4
Horario: de 10:00h a 14:00h (Pola tarde, os nenos e nenas reuniranse para visionar a sección Criaturas da cal serán os encargados de outorgar o premio do xurado homónimo.)
N.º de prazas: máximo 15
Prezo: 20 €


QUERO FACER ESTE OBRADOIRO!!

DESCRICIÓN
Idear e construír a nosa propia animación empregando os coñecementos e artefactos que precederon ao cinematógrafo.

PROGRAMA
Presentación do grupo participante e presentación do obradoiro.
Os antecedentes do cinema: o pre-cinema. Por medio dos xoguetes ópticos exploraremos como funciona a animación para comprender como percibimos o movemento a través dos fotogramas.
Exemplos: veremos algunhas animacións orixinais e outras contemporáneas feitas con estes artiluxios.
Manipularemos algúns dos principais xoguetes ópticos: traumatropo, flipbooks, zootropo, fenaquisticopio.
Cada persoa construirá un taumatropo e un zootropo.
Gravación da animación dos distintos proxectos.
Visionado en común.
Aplausos.

DOCENTE:
manchea son Laura Sánchez, tradutora, e Tono Galán, artista plástico. Ademais de tentar manter unha imprenta “das de antes” dedícanse a acumular materiais e experimentar con eles, e a dar obradoiros co que aprenden.

manchea.wordpress.com · instagram.com/mancheagram ·
facebook.com/manchea.laboratoriomultindisciplinado/ · artono.com

DESTINATARIOS
Nenas e nenos entre 7 e 12 anos

MATERIAL INCLUÍDO NO OBRADOIRO
Todo o necesario para a realización do mesmo: Tesoiras, lápices, cartolinas, cartón, papel, pegamento, cámara de vídeo, ordenador…


QUERO FACER ESTE OBRADOIRO!!