Cada ano, organízanse en España unhas 16.000 festas populares nas que se utilizan animais. En honor á Virxe e aos Santos, e coa bendición das autoridades relixiosas e civís, poboacións enteiras, nenos incluídos, participan en festas dunha crueldade inaudita. 60.000 animais son así maltratados cada ano durante as “Festas de Sangue”.
Non se trata soamente de touros embolados (colócanselles dúas bólas de lume nas astas), ensogados, acoitelados, feridos con dardos ou arroxados ao auga; senón tamén do maltrato de pombas, ratas, porcos, gansos, ocas, cabalos e ata formigas. A tradición bárbara é diversa e esténdese por toda a xeografía española. Báilase, bébese, rise, celébrase a vida das xentes e a morte dos animais, ante a complicidade calada de párrocos, entre oracións e procesións místicas.
Este largometraxe documental convértenos en testemuñas directas dun cóctel de festa, sangue e fe enraizados na alma española. Unha viaxe de imaxes, sons, cores e emocións no que experimentaremos de primeira man a Santa Festa.