Impartido por: Jorge Peral
Nivel: Iniciación/Medio
Duración: 12 horas (8 o sábado e 4 o domingo)
Horario: Sábado de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00; e domingo de 10:00 a 14:00.
N.º de prazas: 15
Cuota de inscrición: 80€
Datas: 12 e 13 de novembro de 2016
DESCRICIÓN
Neste curso aprenderemos cómo crear un comic dende a idea ata a realización final. Falaremos dos principais conceptos para conseguir una narrativa fluida e efectiva e aprenderemos a controlar o ritmo e tempo das nosas historias. Tamén falaremos da creación de personaxes e cómo dotalos de vida a través do seu deseño e linguaxe corporal. En xeral, todo o que precisas saber para crear as túas propias obras de banda deseñada.
*NOTA: Este curso trata sobre todo de narrativa. Aínda que trataremos algún detalles básicos sobre técnica de debuxo e entintado, o que imos a aprender é a crear historias e trasladalas a linguaxe de comic.
PROGRAMA
1. SÁBADO POLA MAÑÁ
-Presentación.
A importancia da narrativa e como empezar.
Tipos de comic e as súas peculiaridades.
Tipos de plano e encadre.
Exercicio práctico.
A transición entre viñetas e o ritmo narrativo.
Exercicio práctico.
O guión e técnicas de creatividade.
Exercicio práctico.
2. SÁBADO POLA TARDE
O deseño de personaxes.
Exercicio práctico.
A palabra e a súa relación co debuxo.
O tempo.
A viñeta e a súa composición.
O storyboard
Exercicio práctico.
3. DOMINGO POLA MAÑÁ
Recursos narrativos.
A linguaxe corporal e o ‘acting’.
Práctica – Debuxando o noso comic.
O entintado.
A cor.
Cómo preparar un proxecto profesional.
-Despedida.
DOCENTE: Jorge Peral
Jorge Peral (1988) é un ilustrador e debuxante de comics de A Coruña. Co-fundador do colectivo Miñoco, Jorge é ilustrador freelance e colabora activamente na creación do fanzine Compota de Manatí. Paralelamente traballa como director de arte no estudio de videoxogos Gazpacho Games. Actualmente está a traballar nunha novela gráfica todavía sen anunciar.
http://jorgeperal.tumblr.com Twitter – @loktarius
DESTINATARIOS
Estudiantes, aficionados ou profesionais que queren aprender as principais claves para a creación de comics.
NECESIDADES
-Material de debuxo (o recomendable é que cada alumno traia o seu propio material).
-Os alumnos que o desexen poden traer ordenador portátil e tableta gráfica, aínda que o curso vai estar centrado en debuxo tradicional (é completamente opcional).
-Folios A4 (para os alumnos que queiran tomar notas, sempre está ben ter).
-Lápices/gomas/afilalápices (para os alumnos que non traían material de casa).