Impartido por: Diego Vázquez Meizoso
Nivel: Medio
Duración: 12 h
Horario: Sábado de 10h a 14h e de 16h a 20h e Domingo de 10h a 14h
N.º de prazas: 15
Cuota de inscrición: 80 €
Datas: 10 e 11 de decembro de 2016
DESCRICIÓN
A xestión cultural como concepto mudou radicalmente nos últimos anos, por causas socioeconómicas evidentes, cara un traballo máis horizontal de contacto coa comunidade, participación e labor sociocultural. Neste curso aprenderemos as claves para a organización de acción culturais dentro destas novas coordenadas profesionais.
PROGRAMA
XORNADA DO SÁBADO (TEÓRICO-PRÁCTICA)
.- Animación sociocultural, xestión cultural e mediación cultural. Que pasou nestes anos?
.- Recursos para a participación cidadá e a mediación cultural.
.- Da idea ao evento:
Estudo e análise da realidade sociocultural.
A definición dos obxectivos.
Como poñer en marcha o proxecto. Estruturación e redacción.
Búsqueda de orzamento. Patrocinios e mecenado. Posibilidades de traballo colaborativo. Novas fórmulas.
Produción do evento
(localización, necesidades, estrutura de grupo de traballo, recursos técnicos e materiais, horario e número de días)
Avaliación
.- O benchmarking cultural. A búsqueda de referentes e modelos de organización e traballo.
XORNADA DO DOMINGO (PRÁCTICA)
.- Dinámicas de grupo. Para que sirven? Como canalizalas? O traballo por dinámicas tanto a nivel interno (equipo) como externo (usuarios/as, público)
.- Exercicios prácticos (4) en grupos coas claves que facilitará o docente. Darase un marco de traballo para idear un pequeno proxecto (tipo de comunidade, tipo de evento, orzamento, obxectivos xerais)
NOTA: Se os/as participantes están inmersos/as nalgún proxecto ou teñen unha idea tentaremos ir encaixando cada un dos conceptos e puntos do programa dentro do marco de traballo dos mesmos, co gallo de que o obradoiro sexa o máis personalizado posible.
DOCENTE:
Diego Vázquez Meizoso estudou filoloxía inglesa na USC, posgrao en xestión do mercado cultural e do ocio (UNED), posgrao en animación sociocultural, ocio e tempo libre (UNED), posgrado en sectores e industrias culturais (UOC), máster en xestión cultural, orientación profesional (UOC-UdG), diploma de creación e consolidación de empresas culturais (Fundación INCYDE), ademais de diversos cursos, seminarios e congresos sobre xestión cultural, educación social e animación-mediación cultural.
Traballou, entre outros, no Festival do Mundo Celta de Ortigueira, no Festival Internacional de Teatro Universitario de Galicia, nas actividades no 30 aniversario do Museo do Pobo Galego e durante 8 anos na Rede Municipal de Centros Socioculturais deo Concello de Santiago, coordinando os programas Vive o verán! no 2009, 2010, 2011 e 2012, ou o programa Compostela Cine Classsics no 2012, 2013 e 2014. Entre xaneiro de 2013 e marzo de 2016 foi responsable da programación da sala Agustín Magán.
DESTINATARIOS
Persoas que queiran aprender algo máis sobre mediación cultural e a organización de eventos culturais de proximidade. Traballar para o comunidade e dende o punto de vista do desenvolvemento sociocultural. Xestores culturais, educadores, docentes, membros de colectivos, etc.
NECESIDADES
O que os alumnos/as precisen para tomar notas (caderno, tableta, portátil…)