MERCADO DE AUTOEDICIÓN
CHARLAS
VIDEOREGUEIFAS,
COMBATE DE DEBUXANTES
OBRADOIROS
DJS
VERMÚ!
XOVES 15 NO MODUS VIVENDI
18:00 INTERVENCIÓN ARTÍSTICA CON INÉS CASAREJOS
00:00 DJ BIGOTE MIX
VENRES 16 NA UNITARIA
19:30 NO VENGO AQUÍ A HABLAR DE MI LIBRO
21:00 QUIZ-SHOW CON LEANDRO BAREA
22:00 VIDEOREGUEIFA
CON NICO CAMPOS E JAVI CAMINO
SÁBADO 17 NA UNITARIA
12:00 MERCADO AUTOEDICIÓN TODO O DÍA
13:00 SESIÓN VERMÚ “LODEIROS” + DJS LA SINCEREZA
14:30 ALFEIZAR (MÓVENSE AO CANTAR E TRAEN DOUS FOCOS DE CORES)
16:00 CHARLA DOCUMENTAIS AUTOEDITADOS
CON ALFONSO ZARAUZA, VÍCTOR HUGO SEOANE, CORA PEÑA E PABLO CES
17:30 CATA DE VIÑOS AUTOEDITADOS
CON ADEGA ENTREOSRÍOS-BARBANZA E ADEGA ANA GANDÍN-QUIROGA
18:30 CHARLA AUTOEDICIÓN VIDEOXOGOS
CON JORGE F. PERAL E RUBÉN ROMERO
20:00 AS COUSAS DAS MOVIDAS CON PANCHO LAPEÑA
21:00 GRAN COMBATE DE DEBUXANTES
23:00 PECHAMOS, FIN, FAN, FUN E IMOS DE FESTA
0:00 AFTER PARTY NA CARPA DO MERCADO DA ESTRELA (A 100 M. DA UNITARIA)
IGMIG
CONVOCATORIA PARA O MERCADO
CONVOCATORIA PARA O MERCADO
FUN FUN FUN!
(O Movidote de Autoedición volve a Compostela por segundo ano consecutivo!).
Sucederá os días 16 e 17 de Decembro na Unitaria (Calzada de San Pedro, S/N), e desde 11:00 a 21:00 DO SÁBADO terá lugar nel a Feira de Autoedición do FUN FUN FUN, para a que abrimos convocatoria con este escrito a partir de XA. Creadores, editores, impresores, afeccionados, fanáticos e curiosos: arreconchegádevos.
Queremos o vosos papeis manchados e cosidos, os vosos escritos románticos, os vosos tebeos feitos con manley, os vosos fanzines colaborativos e as vosas movidas indefinibles.
Pero desde o FUN FUN FUN tamén entendemos que coa edición gráfica non morre o conto, e queremos dar cabida a outros medios, espazos e formatos da edición alternativa. Desta maneira, nesta segunda edición do mercado reduciremos un chisco os metros adicados ao papel, porque pretendemos que traiades tamén a vosa música, a vosa roupiña, a vosa filactelia, o voso extraño montaxe en vhs e a vosa movida indefinible con rodas.
Para solicitar sitio no Mercado de Autoedición, mandade un correo a eufunofunfunfun@gmail.com co tema MERCADO, e por favor, adxuntade:
-O nome do participante, participantes, ou grupo de participantes.
-Unha descripción da vosa proposta.
-Unha estimación do volume que ocupariades (calcúlanse, de media, espazos de 0,70 x 0,70 cm, pero todo é falalo. Agradecerase sinceramente que os grupos e autores que xa son amiguetes fagan por compartir espazo. Xa sabedes como vai).
-Un link a algún lugar da ciberautopista da información no que se poida observar o voso traballo, de existir.
A convocatoria estará aberta ata o día 17 de novembro, e durante a semana do 21 ao 25 de novembro publicaremos o listado de participantes no noso evento de Facebook https://www.facebook.com/events/309111856119088/
Agardamos por vós!
Love.
FUN FUN FUN Headquarters.
CONVOCATORIA “COMBATE DE DEBUXANTES”
O vindeiro 17 de decembro imos celebrar un combate de debuxantes no FUN FUN FUN a feira da autoedición en Compostela, será na Unitaria no Barrio de San Pedro.
Se queres participar envianos un email.
Escribide a eufunofunfunfun@gmail.com ata o martes 1 de decembro (as propostas que cheguen máis tarde das 23:59 do día 1 serán automáticamente rexeitadas).