Impartido por: NOVE NO3L
Nivel: Iniciación/Medio
Duración: 16h
Horario: de 10h a 14h e de 16h a 20h
N.º de prazas: max 10, min 5
Cuota de inscrición: 100 €
Datas: 11-12 de febreiro de 2016
DATA LÍMITE DE INSCRICIÓN: 1 de febreiro
DESCRICIÓN
Falaremos da historia e os usos das máscaras tradicionais en diferentes culturas, colleremos ideas a través de exemplos e explicación das diferentes técnicas tradicionais para realizar candansúa máscara persoal, cósmica e intransferible con materiais mundanos e unha mistura de técnicas tradicionais e modernas.
PROGRAMA
– Breve historia antropolóxica da máscara,
– Técnicas e exemplos e usos
– Realización da nosa propia máscara con papel, cartón, engrudo, e obxetos persoais.
DOCENTE: Noel Perez
Ilustrador e muralista, traballa tamén no eido da escenografía e as artes plásticas. Recentemente inicia unha serie de esculturas
en forma de máscara despois de unha inmersiÓn de case un ano coñecendo a artesáns mexicanos que traballan a cartonería.
www.novenoel.com
www.facebook.com/no3l.no3l
novenoel@gmail.com
DESTINATARIOS
De 15 a 115 anos.
Persoas que se queiran iniciarse no mundo da creación de máscaras en volume, ou queiran (este ano porfin sí) prepararse un disfrace totalmente personalizado e transformador de cara ó entroido!
MATERIAL INCLUÍDO NO OBRADOIRO
Papel, cartón, cola branca, engrudo, pinceis, cinta de pintor, pinturas.
NECESIDADES
Roupa que se esté disposto a manchar e algún obxetos persoais ou encontrados que se lle poida/queira engadir á mascara (opcional)
Exemplos: Cornos/ dentes de cabuxa, pequenos espellos, cunchas da praia, paos, aquela coleta que cortaches con 15 anos e que agora volvese a levar…